GALICIA
Fabiola García atende ás inquedazas de nenos de toda Galicia por videoconferencia
A conselleira de Política Social participou nun acto con estudantes de distintos centros educativos aos que agradeceu o esforzo e responsabilidade
A conselleira de Política Social, Fabiola García, atendeu ás inquedanzas de varias nenas e nenos durante unha videoconferencia en conmemoración do Día Mundial do Neno e da Infancia que se celebrou esta semana. Alí agradeceu o esforzo e a responsabilidade que veñen demostrando durante os últimos meses de pandemia.
No acto participaron rapazas e rapaces de centros educativos de Boiro, Pontevedra, Ares ou Porto do Son
A videoconferencia foi organizada polo Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas e a Plataforma de organizacións de Infancia de Galicia e nela participaron rapazas e rapaces de centros educativos de Boiro, Pontevedra, Ares ou Porto do Son. Foron os propios rapaces os que lle trasladaron á conselleira aqueles asuntos que afectan ao seu día a día tanto fóra como dentro dos centros educativos como o bullying, as desigualdades ou a inclusión.
A conselleira destacou a importancia de que as xeracións máis novas participen e sexan escoitadas como parte da sociedade. Así mesmo, trasladoulles que o Goberno galego seguirá velando pola defensa dos seus dereitos e procurará achegarlle todas as facilidades para que sexan quen de cumprir os seus propósitos e soños.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217