Sábado, 28 de Febrero de 2026

Actualizada Sábado, 28 de Febrero de 2026 a las 10:06:31 horas

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 22 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Investigan o roubo das cordas de plástico no peche perimetral das dunas de praia América

O traballo de substitución do antigo arame galvanizado por cabos mariñeiros de plástico ía a ser rematado esta semana e formaba parte da subvención do GALP para a mellora do espazo litoral

O Concello de Nigrán investiga a través da Policía Local o roubo das cordas mariñeiras que se estaban a poñer actualmente no peche perimetral das dunas de Praia América-Panxón en substitución dos vellos arames galvanizados. Este traballo forma parte do proxecto ‘Recuperando o litoral. Accións de mellora patrimonial e ambiental de Praia América e Panxón’ subvencionado polo GALP con 45.000 € e incluíu tamén a instalación dun observatorio de aves, varandas, ramplas accesibles cara a praia ou roteiros de sensibilización e traballos de voluntariado. Precisamente, a empresa contratada ía rematar esta semana a colocación de todas as cordas que, en conxunto, sumaban 100 metros liñeais. O roubo, que se pode apreciar nos cortes nas ataduras dos postes, aconteceu menos dunha semana despois de que se instalase o primeiro tramo.

 

Precisamente, como elemento salientable e innovador deste proxecto figuraba o emprego no cercado de sogas mariñeiras grosas de plástico para vincular a contorna coa actividade produtiva de Panxón e, ao mesmo tempo, facer fincapé no principio de sostibilidade ambiental.

 

“É lamentable que acontezan este tipo de situacións incívicas que, ao final, o que fan é prexudicar a toda a veciñanza ao denigrar o noso propio territorio, que é o que queremos por en valor. Non toleramos este tipo de agresións e por descontado que traballamos para dar coa autoría”, subliña o alcalde, Juan González.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.