GALICIA
A Xunta considera insuficiente a estratexia nacional fronte ao reto demográfico
A conselleira de Política Social, Fabiola García, participou nunha videoconferencia na Conferencia Sectorial para el Reto Demográfico
A conselleira de Política Social, Fabiola García, amosou a súa desconformidade coa Estratexia Nacional fronte ao Reto Demográfico presentada a semana pasada ás Comunidade Autónomas na Conferencia Sectorial para o Reto Demográfico. Durante a reunión, a titular do departamento autonómico sinalou que este documento carece de concreción en aspectos fundamentais como poden ser os mecanismos de financiamento.
Fabiola García sinalou que logo de tres anos e medio de traballo, este documento é moi agardado polo conxunto da sociedade, e por iso cualificou esta proposta como decepcionante. A conselleira solicitou que se definan, entre outras cuestións, as medidas específicas, o custe efectivo dos servizos e as áreas de risco demográfico.
Así mesmo, tamén lle pediu ao Goberno central que actúe coa mesma responsabilidade coa que está actuando Galicia durante os últimos anos. Mostra diso, sinalou, é a primeira Lei de Impulso Demográfico de España, que se debaterá no Parlamento galego a semana que vén e que contará cun orzamento concreto de máis de 730 millóns de euros anuais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217