PROVINCIA
Carmela Silva fai un chamamento a “apostar pola cultura"
A Feira das Industrias Culturais chega a súa décimo terceira edición baixo o lema “En caso de emerxencia, cultura” e celebrarase entre o 27 e 29 de novembro
“A cultura é imprescindible, é o elemento máis transformador da sociedade e é indispensable poñela en valor”. Con estas palabras, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou esta semana na presentación da Feira das Industrias Culturais de Galicia, Culturgal, que se desenvolverá entre o 27 e o 29 de novembro e que este ano leva por lema “En caso de emerxencia, cultura”. Neste senso, a presidenta enxalzou que “a cultura é absolutamente segura e non podemos parala”.
“Temos que seguir sendo optimistas”, continuou, “somos un país de cultura, sempre o fomos, e agora estamos nunha verdadeira explosión”. Carmela Silva, que aplaudiu á organización do Culturgal, subliñou que “é unha obriga das administracións públicas apoiar este evento, temos que dedicarlle recursos á cultura”. Amais, a presidenta provincial aproveitou para reivindicar que cada día hai máis mulleres en todos os ámbitos da cultura, “polo tanto unha auténtica revolución cultural con nome de muller”.
A Deputación estará no evento coa presentación de “Re-acción Cultural”, o programa “O pasado por Vir”, o libro de Diego Piay “ O castelo de Soutomaior” e a performance de Violencia Zero “Can Cancela Calafrío”
Carmela Silva anuncio que a programación que a Deputación levará a Culturgal estará ligada a dous grandes eixos transversais: “a igualdade e a memoria”. Neste eido, a institución provincial estará presentando as iniciativas e programas levadas a cabo con “Re-acción Cultural”, o programa de Memoria Histórica “O pasado por vir” para reivindicar ideas transformadoras de antes de 1936, tamén haberá a performance de Violencia Zero “Can Cancela Calafrío” con María Roja, e presentarase o libro de Diego Piay “O castelo de Soutomaior”.
Culturgal chega este ano á súa décimo terceira edición como unha ferramenta máis necesaria que nunca para o sector cultural do país, debido á pandemia global. A edición terá un formato semipresencial, prescindirá da presenza de stands no recinto pero haberá escenarios e presentación de audiovisuais, vídeos, libros, etc. Todo isto será retransmitido por streaming e no recinto haberá un máximo de 50 persoas á vez. Nesta edición, os dous principais obxectivos do evento son facilitar a participación de empresas, creadoras e creadores, profesionais e públicos, e estimular a compra de produtos culturais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186