Domingo, 27 de Septiembre de 2026

Actualizada Sábado, 26 de Septiembre de 2026 a las 21:28:05 horas

Xornal21.es
Martes, 24 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

A nova escultura homenaxe ás costureiras xa loce na contorna do Pazo de Mos

Doada pola Escola de Cantería de Pontevedra á Comunidade de Montes de Mos, esta peza pon en valor dous oficios tradicionais: o da costura que representa a peza escultórica, e o da cantería coa que se esculpiu a devandita peza

Os xardíns da contorna do Pazo de Mos, recentemente galardoada coa Q de Calidade, foron esceario ás 12.30 horas desta mañá do acto de presentación da escultura dunha costureira, instalada no lugar tras ser doada pola Escola Provincial de Canteiros á Comunidade de Montes de Mos.
 
 
[Img #66154]
 
Estiveron presentes no descubrimento da nova peza escultórica os presidente e secretario da Comunidade de Montes de Mos, Manuel Barciela e Ramón Muíños, respectivamente, o presidente da Fundación Pazo de Mos, Antonio Rial, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde, Camilo Augusto, a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, e os deputados provinciais Carlos López Font, Noemí Outeda e Victoria Alonso, xunto con outros membros das directivas da Comunidade de Montes e Fundación Pazo de Mos.
 
 
Esta nova escultura na contorna do Pazo instálase co fin de difundir o patrimonio histórico-artístico galego e mosense e poñelo en valor. A peza de granito, elaborada polo alumno da Escola de Cantería, Jonathan Mariñas García, conta cunhas medidas de 145 x 90 x 100.
 
 
O traballo de Jonathan Mariñas pon en valor o gran traballo que tanto el como o resto das mozas e mozos compañeiros seus desenvolven neste centro de formación.
 
A escultura da costureira ensalza a cultura e a idiosincrasia galega e mosense, xa que foi un oficio desempeñado por moitas mulleres mosenses ao longo da historia. Ademais de achegarlle a arte do traballo en pedra ás xeracións máis novas, para que poidan descubrir este oficio tradicional.
 
 
A costureira instalada xunto ao Pazo de Mos forma parte da exposición escultórica "D' Pedra" (formada por 16 pezas de granito feitas polo alumnado da Escola de Cantería, e que na maior parte dos casos representan oficios, animais, sentimentos ou escenas da vida cotiá) e, como se dixo, foi realizada por un dos alumnos/as da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra.
 
 
A Escola de Cantería naceu no ano 1979 coa finalidade de poñer en valor un dos oficios máis antigos de Galicia e, ao longo da súa traxectoria, numerosos mestres e mestras canteiros formados na Escola teñen deixado a súa pegada no patrimonio arquitectónico de Galicia e diversos lugares do mundo. En Mos atópanse instaladas 4 pezas da Escola de Canteiros: esta costureira, o homenaxe á emigración en Peinador, as leiteiras en Dornelas e a réplica da fonte orixinal nos exteriores do Pazo de Mos, moi preto de onde agora se atopa instalada a costureira.
 
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.212

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.