Xornal21.es
Martes, 24 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
MOS
A nova escultura homenaxe ás costureiras xa loce na contorna do Pazo de Mos
Doada pola Escola de Cantería de Pontevedra á Comunidade de Montes de Mos, esta peza pon en valor dous oficios tradicionais: o da costura que representa a peza escultórica, e o da cantería coa que se esculpiu a devandita peza
Os xardíns da contorna do Pazo de Mos, recentemente galardoada coa Q de Calidade, foron esceario ás 12.30 horas desta mañá do acto de presentación da escultura dunha costureira, instalada no lugar tras ser doada pola Escola Provincial de Canteiros á Comunidade de Montes de Mos.
Estiveron presentes no descubrimento da nova peza escultórica os presidente e secretario da Comunidade de Montes de Mos, Manuel Barciela e Ramón Muíños, respectivamente, o presidente da Fundación Pazo de Mos, Antonio Rial, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde, Camilo Augusto, a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, e os deputados provinciais Carlos López Font, Noemí Outeda e Victoria Alonso, xunto con outros membros das directivas da Comunidade de Montes e Fundación Pazo de Mos.
Esta nova escultura na contorna do Pazo instálase co fin de difundir o patrimonio histórico-artístico galego e mosense e poñelo en valor. A peza de granito, elaborada polo alumno da Escola de Cantería, Jonathan Mariñas García, conta cunhas medidas de 145 x 90 x 100.
O traballo de Jonathan Mariñas pon en valor o gran traballo que tanto el como o resto das mozas e mozos compañeiros seus desenvolven neste centro de formación.
A escultura da costureira ensalza a cultura e a idiosincrasia galega e mosense, xa que foi un oficio desempeñado por moitas mulleres mosenses ao longo da historia. Ademais de achegarlle a arte do traballo en pedra ás xeracións máis novas, para que poidan descubrir este oficio tradicional.
A costureira instalada xunto ao Pazo de Mos forma parte da exposición escultórica "D' Pedra" (formada por 16 pezas de granito feitas polo alumnado da Escola de Cantería, e que na maior parte dos casos representan oficios, animais, sentimentos ou escenas da vida cotiá) e, como se dixo, foi realizada por un dos alumnos/as da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra.
A Escola de Cantería naceu no ano 1979 coa finalidade de poñer en valor un dos oficios máis antigos de Galicia e, ao longo da súa traxectoria, numerosos mestres e mestras canteiros formados na Escola teñen deixado a súa pegada no patrimonio arquitectónico de Galicia e diversos lugares do mundo. En Mos atópanse instaladas 4 pezas da Escola de Canteiros: esta costureira, o homenaxe á emigración en Peinador, as leiteiras en Dornelas e a réplica da fonte orixinal nos exteriores do Pazo de Mos, moi preto de onde agora se atopa instalada a costureira.

![[Img #66154]](https://xornal21.com/upload/images/11_2020/7479_escultura-costureira-pazo-de-mos-xornal21.jpg)

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141