REDONDELA
O Concello de Redondela rende homenaxe a Concepción Arenal
A que foi experta en dereito, pensadora, xornalista, poeta, autora dramática e pioneira no feminismo español, dará dende hoxe nome a este servizo do Concello de Redondela
A Concepción Arenal. (1820-1879). En memoria dunha muller que fixo da xustiza social e da igualdade o guieiro da súa vida'. Así reza a placa colocada na entrada das dependencias de Servizos Sociais de Redondela e que onte foi descuberta pola alcaldesa de Redondela e responsable do servizo, Digna Rivas.
Rivas, acompañada das concelleiras Olga García, Marta Alonso, e o concelleiro Daniel Boullosa, subliñou que “ningún nome mellor para un servizo para quen foi adiantada ao seu tempo en moitos eidos, non só no literario ou no xornalístico, senón tamén como pioneira do feminismo en España”.
A alcaldesa redondelá lembrou que Concepción Arenal, ao longo da súa vida, denunciou con insistencia a das mulleres do século XIX”. Tristemente, sinalou Digna Rivas, moitas das reflexións que escribiu no seu libro 'Estado actual de la mujer en España' seguen a ter plena vixencia a pesar de ter pasado máis dun século. Nese traballo resistíase, por exemplo, a falar de emancipación social ou política da muller “...mentres a dependencia económica sexa un feito estendido e teña suxeita á muller a todo tipo de escravitudes”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149