Miércoles, 25 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 25 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
A GUARDA

‘Anónimas Camposinas’ homenaxea as mulleres da Guarda con motivo do 25N

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, visitou hoxe Camposancos xunto á artista Gemma Marqués para ver os murais nos lavadoiros

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, visitou hoxe Camposancos para coñecer o proxecto Anónimas camposinas, promovido e desenvolto pola artista Gemma Marqués, autora de Anónimas. Retratos de musas cotiás, no marco das iniciativas do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia. Nel colabora tamén a Entidade Menor de Camposancos.

 

“Trátase dun dos proxectos máis singulares e significativos do Fondo Xacobeo 2021, que contribúe a poñer en valor a figura da muller camposina por medio de catro murais en lavadoiros que, á súa vez, homenaxea os oficios tradicionais femininos desta terra e pon en valor a lingua galega”, explicou o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que visitou o traballo xa finalizado no lavadoiro de Salgueiró, acompañado pola artista.

 

O proxecto Anónimas camposinas. Pintura mural feminista, está promovido e deseñado pola pintora Gemma Maqués. Intégrano catro murais exteriores inspirados nos oficios tradicionais das mulleres rurais de Camposancos (A Guarda, Pontevedra), que se enmarcan, á súa vez, no proxecto feminista Anónimas. Retratos de musas cotiás, reivindicativo das mulleres anónimas, nais, avoas, fillas, traballadoras e loitadoras cuxo labor e esforzo diario non é abondo recoñecido. A iniciativa poderase ver, xa finalizada, nas vindeiras semanas, en catro lavadoiros do lugar.

 

Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021
O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 é un repositorio de contidos creativos de interese cultural en lingua galega creado pola Xunta de Galicia no marco do Plan de reactivación do sector cultural fronte aos efectos derivados da covid-19. O devandito repositorio, integrado por contidos tanto virtuais coma presenciais, así como por outros servizos de materiais e produción, persegue os obxectivos de dinamizar a lingua propia de Galicia, inxectar fondos e apoiar artistas, creadores e empresas do eido cultural no contexto da crise da covid-19 e abrir unha vía para a continuidade, viabilidade e visibilidade da oferta e do consumo de propostas lingüísticas e culturais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.