VIGO
Fernández-Tapias pon en valor o importante labor da Asociación viguesa Faraxa
A delegada territorial da Xunta visitou hoxe a entidade que loita contra o abuso e a explotación sexual das mulleres: “Unha forma máis de violencia de xénero”, dixo
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, achegouse hoxe con motivo do 25N-Día internacional para a eliminación da violencia de xénero ata a Asociación viguesa Faraxa que loita contra o abuso e a explotación sexual das mulleres.
Durante a visita, na que estivo acompañada por parte do equipo fundador desta entidades e varias das súas traballadoras e voluntarias, a representante autonómica puxo en valor a importante labor desta asociación na súa loita contra o abuso e a explotación sexual das mulleres: “Unha forma máis de violencia de xénero”, dixo.
Fernández-Tapias interesouse así polo traballo que a diario realiza esta organización, tanto no centro de día de atención en Vigo como na unidade móbil. Neste sentido, agradeceu a Faraxa a atención que prestan a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, con apoio xurídico, psicolóxico e de orientación.
Igualdade financiou con 362.000 euros programas dirixidos a mulleres en situación de vulnerabilidade de 14 entidades de iniciativa social en Vigo
A representante do Executivo galego sinalou que a loita contra a violencia de xénero é un obxectivo prioritario para a Xunta de Galicia que, a través da Secretaria Xeral de Igualdade, non escatimará esforzos de cara a súa erradicación.
Así, informou que o Goberno autonómico subvencionou este ano 14 programas dirixidos a mulleres en situación de vulnerabilidade impulsados por outras tantas entidades de iniciativa social de Vigo por un importe de 362.000 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49