Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 26 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Eva García expulsa do pleno telemático ao portavoz do PP

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, asegura que "expulsou" ao voceiro municipal do PP, Alejandro Lorenzo da sesión telemática que celebraba a corporación local porriñesa. O edil do Partido Popular, Alejandro Lorenzo, foi reprendido e finalmente expulsado do pleno "despois de interromper o debate en reiteradas ocasións" e de ter advertido a alcaldesa que parase "no seu permanente boicot as palabras do resto de corporación", segundo lle dixo. "O portavoz do PP, interrompeu en varias ocasións á alcaldesa, ao tenente de alcalde Pedro Pereira e, inclusive ao secretario municipal" explican dende o Gabinete de Prensa do Concello.

 

O episodio aconteceu durante o debate do cuarto punto da orde do día. O PP pretendía un voto particular ou no seu defecto deixar enriba da mesa a revisión de oficio que postulaba o goberno municipal dun acordo adoptado nun pleno en agosto cúa nulidade estaba avaliada cos informes técnicos correspondentes, nomeadamente do secretario municipal.

 

García de la Torre advertiu por varias veces ao voceiro da oposición ao que reprendeu por interromper o debate plenario ata que finalmente a alcaldesa determinou expulsar a Alejandro Lorenzo.   Cando se someteu a votación o punto, o segundo voceiro do PP, Abel Estévez repetiu que demandaban que o asunto quedase enriba da mesa. Ante a negativa da alcaldesa, en base aos criterios dos técnicos municipais, a totalidade de concelleiros e concelleiras do Partido Popular abandonaron a sesión plenaria telemática.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.