O PORRIÑO
Os concelleiros do PP abandonan o pleno ante a actitude “antidemocrática” da alcaldesa
Eva García expulsou ao voceiro dos populares -por intentar exercer o seu de-reito a solicitar que un punto da orde do día quedara sobre a mesa- para poder ter a maioría suficiente que lle permita revocar un acordo plenario: a revisión da facturación que está a ser obxecto de investigación penal
Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular do Porriño abandonaron hoxe a sesión plenaria ante a grave vulneración dos seus dereitos como concelleiros por parte da Alcaldesa, Eva García de la Torre, que chegou a expulsar do pleno ao voceiro popular, Alejandro Lorenzo, para conseguir a maioría suficiente para revocar un acordo plenario.
Despois de silenciar en numerosas ocasións o audio do voceiro do PP para impedir que expuxera os seus argumentos, a rexedora expulsouno directamente da sesión, coa conducta dictatorial e soberbia que a caracteriza e co beneplácito dos seus compañeiros de partido, por reclamar o seu dereito a que se vote a súa petición de deixar un punto sobre a mesa ante a negativa infundada de Eva García.
Dende o grupo popular censuran duramente esta forma de actuar da Alcaldesa, e dos seus concelleiros, e amosan a estupefacción que sentiron polo tono provocador, as faltas de respecto, a belixerancia e a violencia verbal da que fixo gala en todo momento Eva García de la Torre para dirixirse non só aos concelleiros do Partido Popular, senón ao grupo de EU SON.
O Goberno municipal levaba hoxe a pleno a revisión do acordo plenario adoptado no pleno do pasado 7 de agosto de 2020, onde por maioría a corporación acordou solicitar a revisión de oficio da facturación irregular do Concello do Porriño, o groso da mesma está a ser investigada no xulgado penal.
Dende o principio, a rexedora amosou a súa oposición a que se revise esta facturación e se cumpla o acordo valendose de contínuos subterfuxios legais e amenazas que non foi quen de materializar. Primeiro anunciou que recusaba a un concelleiro do PP para impedir que emitira o seu voto, non foi así. Nun segundo intento levou a pleno a solicitude de revogación do acordo plenario, non o conseguiu. E hoxe, nun terceiro intento de impedir que se investigue se esa facturación é acorde aos prezos de mercado ou se se realizaron os traballos que pretende pagar, levou a pleno a revisión de oficio do acordo plenario, amparándose en que se trata dunha disposición administrativa e non un acordo plenario. "A alcaldesa pide a revisión do acordo plenario invocando que se trata dun acordo nulo alegando que se trata dunha disposición administrativa. Non é así, un acordo plenario non é unha disposición administrativa", matiza Lorenzo.
Os edís do PP condenan o tono provocador, as faltas de respecto e a violencia verbal da que fixo gala a Alcaldesa durante toda a sesión plenaria
O único fin da Alcaldesa e do seu grupo de Goberno é obstaculizar a revisión da facturación pendente de pago, e impedir que se revisen os termos en que se pretenden aboar os máis de 5 millóns de facturación irregular.
"A belixerancia que mostrou hoxe Eva García, os seus insultos e descalificacións non son máis que o produto do seu nerviosismo ante a imposibilidade de escapar da rede de mentiras coa que pretende eludir a responsabilidade da súa xestión", continúa Lorenzo, "Aquí non estamos a falar de meras irregularidades como pretende facer creer a xente, nin de bloqueos políticos. Estamos a falar de corrupción. Falamos de prevaricación, de tráfico de influencias ou de falsidade documental. De iso falamos e iso é o que a xente merece saber".
O fraude que se está a cometer no Concello do Porriño é evidente e está acreditado e a consecuencia deste fraude pasa por situar ao noso municipio como o que máis tarda en pagar de toda Galicia.
Lorenzo concluíu condenando duramente a actitude antidemocrática da rexedora lembrandolle que "cando nos cala aos concelleiros do Partido Popular, está calando a miles de porriñeses aos que representamos. Cando nos insulta, está insultando ao grupo maioritario da poboación á que representa. E con todo, non o vai a conseguir. Poderá expulsarnos do pleno, poderá anular os acordos da corporación que non lle gusten, pero a verdade do que fixo e do que está facendo co diñeiro de todos os porriñeses sairá á luz. Chegaremos ata onde faga falta e coste o que coste. Co diñeiro dos veciños non se xoga".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103