Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 30 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

"Fundación la Caixa" e Caixabank doan 5.000 euros ao banco de alimentos do Porriño

O almacén do Banco de Alimentos "SOS Porriño" recibía a semana pasada unha achega de 4.500 quilos de produtos non perecedoiros, grazas á doazón de 5.000 euros realizada por CaixaBank que canaliza unha axuda da "Fundación La Caixa".

 

Esta achega constitúe unha axuda moi importante para o Banco de Alimentos de cara ao reparto de decembro. Actualmente "SOS Porriño" está a distribuír lotes de alimentos entre 430 familias do municipio o que supón que unhas 1.300 persoas que son beneficiarias directas. 

 

Os representantes da entidade financeira, Gonzalo Dopazo, director, e María Eugenia Rial, subdirectora da oficina "store" de CaixaBank no Porriño fixeron a entrega simbólica ao Concello, representado pola alcaldesa Eva García e o concelleiro de Servizos Sociais, David Alonso, nas instalacións do "EKO-MAX" da cadea de distribución "Froiz" no polígono industrial de A Granxa. 

 

A alcaldesa manifestou o agradecemento do Concello á CaixaBank e "Fundación La Caixa" por que "sempre está a amosar unha disposición permanente a colaborar en este tipo de accións sociais". Gonzalo Dopazao, no nome da entidade, manifestou que "CaixaBank neste intre tan difícil para todos, prioriza a colaboración en achegas para colectivos en risco de exclusión".      

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.