Sábado, 28 de Febrero de 2026

Actualizada Sábado, 28 de Febrero de 2026 a las 10:06:31 horas

Xornal21.es
Domingo, 29 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
NIGRAN

O Concello de Nigrán realiza un reparto de alimentos frescos e non perecedoiros

A entrega incluíu a compra realizada polo Concello no comercio local de ovos, mazás, repolos e patacas e, entre os produtos perecedoiros, parte do recadado polo GES Val Miñor e o CEIP Humberto Juanes

O Concello de Nigrán, a través de Servizos Sociais, iniciou esta semana un novo reparto de alimentos entre 43 familias en situación de vulnerabilidade no municipio. Nesta ocasión a achega constou de alimentos  frescos adquiridos no pequeno comercio local e de non perecedoiros procedentes de sendas recadacións realizadas recentemente polo GES Val Miñor e CEIP Humberto Juanes entre o seu alumnado.

 

Deste xeito, o concello adquiríu 60 ducias de ovos a El Rancho S.L. e 50 kg de mazás, 84 kg de repolos e 250 kg de patacas a Frutas Vilar. Ademais, na entrega incluíuse unha pequena parte da máis de media tonelada de alimentos non perecedoiros recadados desde o CEIP Humberto Juanes nunha carreira solidaria a semana pasada e dos 320 kg recadados polo GES Val Miñor os pasados días.

 

A raíz da crise sanitaria da Covid-19 o Concello deu un xiro ao Banco de Alimentos Municipal ofrecendo mensualmente compras completas e non só produtos non perecedoiros. “Multiplicamos as adquisicións e, afortunadamente, multiplicouse tamén a solidariedade ante a situación de necesidade de moitas familias que quedaron sen emprego ou sen poder continuar o seu negocio”, explica Juan González, alcalde de Nigrán.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.