VIGO
O Pleno aproba por unanimidade dar apoio ao pobo saharauí e o programa “Vacacións en Paz”
O Pleno Municipal do Concello de Vigo aprobou esta semana unha moción do grupo mixto instando ao Goberno do Estado a establecer un traballo diplomático para dar apoio ao pobo saharauí e defender a integridade do seu territorio. Ademais, o Concello deberá reforzar o programa “Vacacións en Paz” para acoller en verano a nenos procedentes do Sáhara Occidental
A Corporación Municipal aprobou por unanimidade esta semana, no Pleno Ordinario de novembro, instar ao Goberno de España, nas súas múltiples facetas en política exterior, a establecer un traballo diplomático para evitar a guerra sen que signifique a renuncia do pobo saharauí a defender a integridade do seu territorio e os dereitos humanos da poboación afectada pola ocupación marroquí.
Ademais, a moción presentada polo grupo mixto, a través do concelleiro Rubén Pérez (Marea de Vigo), acorda que o Concello de Vigo reforce a súa solidariedade co pobo saharauí especialmente neste momento, reforzando o programa “Vacacións en Paz”, suspendido pola situación derivada da crise do Covid-19, e sendo unha institución que traballe pola paz e os dereitos humanos no Sáhara Occidental.
Todos os grupos municipais votaron a favor da proposta orixinal antes de ser rexeitada unha emenda do concelleiro non adscrito por parte do PSOE.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49