Miércoles, 25 de Febrero de 2026

Actualizada Miércoles, 25 de Febrero de 2026 a las 13:10:26 horas

Xornal21.es
Jueves, 03 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Remata o obradoiro de Emprego Manuel B. Portela VI na Guarda

O alcalde, Antonio Lomba recordou na clausura do obradoiro, que este tipo de formacións son esenciais para concellos do rural, nos que outras posibilidades de mellora da cualificación profesional supoñen desprazamentos non asumibles para moita xente

No mes de novembro de 2019 arrancaba na Guarda o obradoiro de emprego “Manuel B. Portela VI” de “Atención sanitaria a persoas dependentes no domicilio”, un programa mixto de emprego e formación no que participaron un total de 20 persoas que veñen de acadar un certificado de profesionalidade.


A finalidade do obradoiro foi a de mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas posibilitando ao alumnado a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación para o emprego recibida, busque a súa cualificación profesional e inserción laboral nun sector, o asistencial, con unha importante demanda, sobre todo coa situación sanitaria actual.


Na xornada do pasado venres día 27 de novembro remataba este obradoiro, despois dun ano de formación, unha formación que se viu astendida pola pandemia da covid-19. Este obradoiro axudou aos participantes a adquirir todos os coñecementos para prestar servizos de asistencia sanitaria a persoas dependentes.


O sábado 28 de novembro tiña lugar a entrega de diplomas que puña o broche final a esta formación, contando coa presenza da Delegada Territorial da Xunta en Pontevedra, María Luísa Piñeiro; o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Desenvolvemento Local, Fátima Rodríguez.


Antonio Lomba agradeceu na súa intervención a visita da  Delegada Territorial da Xunta en Pontevedra á clausura do obradoiro, aproveitando a ocasión para recordar que este tipo de formacións son esenciais para concellos do rural, nos que outras posibilidades de mellora da cualificación profesional supoñen desprazamentos non asumibles para moita xente.

 

 

 

 

A concelleira de formación, Fátima Rodríguez fixo especial fincapé na necesidade desta formación na Guarda, un concello que levaba máis de 10 anos sen impartir un obradoiro ao que lle foi denegado pola Xunta o que tiña solicitado para o exercicio 2020-21

 

 

 


Pola súa banda Fátima Rodríguez fixo especial fincapé na necesidade de repetir este tipo de experiencias na Guarda, un concello que levaba máis de 10 anos sen impartir un obradoiro ao que lle foi denegado pola Xunta o que tiña solicitado para o exercicio 2020-21.


O programa de axuda no fogar é un recurso que ten por obxecto prestarlles ós cidadáns no seu domicilio un conxunto de atencións dende unha perspectiva integral e normalizadora naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desintegración familiar, facilitando a permanencia no seu propio entorno de convivencia e evitando a súa posible institucionalización.


Tal e como manifestou o Alcalde da Guarda, este é o primeiro obradoiro que se realiza na vila dende o ano 2008, motivo de satisfacción para o Concello, posto que permitíu formar a persoas da Guarda nun sector cunha alta demanda na actualidade, promovendo o emprego e a calidade da atención ás persoas dependentes, o que repercutirá na calidade de vida dos nosos veciños.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.