Sábado, 28 de Febrero de 2026

Actualizada Sábado, 28 de Febrero de 2026 a las 10:06:31 horas

Xornal21.es
Viernes, 04 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
NIGRAN

O Goberno de Nigrán aproba en solitario adherirse ao programa 'Xantar na casa'

A corporación de Nigrán pide no Pleno por unanimidade que o Sergas reforce a Atención Primaria cun protocolo anticovid en cada centro para poder retomar a o servizo presencial de xeito inmediato

O goberno de Nigrán aprobou esta semana en Pleno Ordinario e coa abstención do PP a adhesión ao programa 'Xantar na Casa' de servizo de comida a domicilio para persoas maiores, dependentes ou en risco de exclusión. Deste xeito, o municipio será o primeiro da comarca do Val Miñor  en participar neste programa do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e   Benestar que consiste en enviar ao propio domicilio unha vez á semana 7 bandexas cos menús correspondentes para cada día listos para quecer no microondas e con todas as garantías sanitarias (inclúen pan, primeiro  plato, segundo e postre). O obxectivo final desta iniciativa enmarcada no programa municipal ‘Un Nigrán para todos’ é aumentar a calidade de vida das persoas con problemas de automomía, tendo un custe simbólico para o beneficiario de 1,76 € por menú (Concello e Xunta aportan o resto ata 6,60 €).  “En definitiva, damos un paso máis no noso proxecto ‘Un Nigrán para todos’ , neste caso dirixido á facilitar a automonía persoal ao tempo que garantimos unha alimentación saudable”, resume o rexedor, quen incide que a aprobación da moción será enviada inmediatamente ao Consorcio para que  comece a funcionar antes de fin de ano.

 

Por outro lado, o goberno de Nigrán aprobou coa unanimidade da corporación unha moción elaborada desde a plataforma SOS Sanidade Pública e que expuxo o propio portavoz, Jesús Araujo Nores, pedindo ao Sergas a necesidade de reforzar a Atención Primaria e de retomar a asistencia presencial cun protocolo anti-covid en cada centro. Aínda que inicialmente o portavoz do PP responsabilizou a facultativos e administrativos dos problemas derivados da atención telefónica, finalmente e tras consultalo cos seus concelleiros decidíu votar a favor. "Se eu fose vostede pediría que non conste en acta todo o que acaba de dicir sobre os médicos e os administrativos da sanidade pública porque é unha vergoña", chegou a reprocharlle o alcalde, Juan González. Tal e como sinalou Araujo, a situación sanitaria é insostible nos centros de saúde, sen consultas presenciais e só con citas telefónicas que acumulan demoras de 10-12 días. "Temos moitas queixas dos veciños ao respecto, especialmente de persoas maiores. Non se pode manter por máis tempo a consulta exclusiva telefónica, estase a adiar o diagnóstico de patoloxías non covid graves que, precisamente, requiren de celeridade no tratamento", sinalou González.

 

 

 

 

Aprobouse tamén a adhesión ao convenio entre Xunta e Fegamp para que que o organismo autonómico poida tramitar as sancións por incumplimentos da normativa Covid-19

 

 

 

 

Igualmente, e como moción de urxencia ante a necesidade de telo aprobado antes do día 15 de decembro, aprobouse por unanimidade a adhesión entre Xunta e Fegamp para que desde o organismo autonómico se tramiten as sancións  impostas en Nigrán derivadas do inclumplimento da normativa Covid-19 (por exemplo, o non uso da máscara).

 

Finalmente, o goberno de Nigrán votou en contra das mocións do PP relativas a instar á Deputación a que mellore as estradas PO-2102 entre Camos e Chandebrito e a PO-2106 entre Parada e San Pedro pola razón de que, precisamente, o organismo provincial adxudicou hai un mes sendos proxectos ao respecto. "Non ten sentido porque saben perfectamente que a Deputación xa adxudicou a dúas empresas os proxectos, non entendo o sentido destas mocións", reiterou González.

 

Igualmente, o goberno local votou en contra da moción do PP para destinar 40.000 € a Cáritas para contribuír a súa labor en Nigrán. "Afortunadamente en Nigrán contamos cun servizo público municipal que funciona de xeito excelente e para o que hai orzamento e sen necesidade de recurrir á caridade. Temos moi boa relación con Cáritas e respetamos e admiramos moito o seu traballo, como non podería ser doutro xeito, pero tamén nos parece desorbitado que o PP pida 40.000 € para unha entidade non pública", explicou o rexedor. Nesta liña, subliñou tamén que o goberno local xa deu o seu compromiso para crear unha liña de axudas para hostaleiros e artistas do municipio, "polo que a moción do PP ao respecto tamén está fora de lugar".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.