VIGO
Maioría de mulleres na toma de posesión de docentes titulares
23 docentes da Universidade, 15 mulleres e 8 homes, acadan esta nova categoría profesional
15 profesoras e oito profesores da Universidade de Vigo tomaron esta semana posesión das súas prazas como docentes titulares nun acto que se levou a cabo no paraninfo do edificio Ernestina Otero e que estivo marcado polas medidas de hixiene e sanitarias derivadas da covid- 19. A cerimonia estivo presidida polo reitor, Manuel Reigosa, quen non dubidou en darlles os seus parabéns e as grazas por todo o traballo realizado. “Hoxe comezades a recoller o froito do esforzo que levades anos sementando”, subliñoulles Reigosa, nunha cerimonia na que estivo acompañado polo secretario xeral, Miguel Ángel Michinel. “Estou seguro que vos ides pór as pilas e seguir traballando arreo pola vosa institución, institución que non sempre o agradece como debería, pero da que vos aseguro está dirixida por persoas que somos moi conscientes de que o voso esforzo é o que fai grande á Universidade de Vigo”, recalcou o reitor.
A toma de posesión do profesorado titular ten lugar apenas tres semanas despois da dos novos catedráticos e catedráticas e, se naquel acto as mulleres foron unha minoría –catro catedráticas e 20 catedráticos- nesta ocasión a maioría foi para elas: 15 mulleres e oito homes, o que parece indicar que, a medio e longo prazo, as cousas van mellorando e, pouco a pouco, se vai camiñando cara unha Universidade máis igualitaria. Destas novas quince profesoras titulares, oito pertencen ao ámbito científico e sete ao tecnolóxico, mentres que no caso dos homes: cinco pertencen ao científico, dous ao tecnolóxico e un ao xurídico-social.
18 novos titulares para o campus de Vigo, catro para Ourense e un para Pontevedra
Dos 23 docentes que hoxe acadaron a praza de profesor titular, 18 imparten clase no campus de Vigo: Castor Muñoz, da Área de Botánica; Adela María Sánchez, da de Fisioloxía vexetal; Eva María Teira, Maruxa Álvarez e Beatriz Mouriño, da de Ecoloxía; Alberto Luis Velando, da de Zooloxía; Isabel Pastoriza e Jorge Pérez Juste, da de Química física; José Lorenzo Alonso, da de Química orgánica; Diego Moldes, María Remedios Yáñez, Ana María Rodríguez, Ana Belén Moldes e Marta María Pazos da de Enxeñaría química; Mª Consuelo Pérez, de Ciencia dos materiais e enxeñaría metalúrxica; Miguel Rodríguez, de Enxeñaría telemática; Jaime Aneiros, de Dereito financeiro e tributario, e María Soledad Torres, de Teoría do sinal e comunicacións.
No caso do campus de Ourense tomaron posesión como titular Raquel Rial e Ana María Torrado, da Área de Nutrición e bromatoloxía; Olalla Nieto, de Química orgánica, e Daniel González Peña, de Linguaxes e sistemas informáticos.
En Pontevedra acadou esta nova categoría profesional a profesora da Escola de Enxeñaría Forestal María Cristina Sobrino, da Área de Ecoloxía.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49