Martes, 27 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 03 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

O Nadal acéndese en Gondomar este sábado e retransmitirase en directo

O aforo limitarase a 75 persoas e 6 cámaras retransmitirán en streaming a inauguración da iluminación do Nadal

O vindeiro sábado 5 de decembro, a partir das sete da tarde, arrincarán as actividades que precederán ao aceso oficial da iluminación do Nadal en Gondomar, previsto ás oito da tarde, e que se retransmitirá en streaming para que toda a veciñanza do municipio poida gozar del, xa que o aforo na praza, debido á normativa covid19 vixente, quedará restrinxido a un máximo de 75 persoas.

 

“Sen dúbida o ano 2020 quedará na nosa memoria como un ano moi diferente, pero o noso obxectivo é que o Nadal en Gondomar luza igual que sempre, con todas as normas de seguridade necesarias, pero sen perder nin un pouquiño de maxia e ilusión”, asegura o alcalde Paco Ferreira.

 

Por iso o nadal arrincará ás 19.00 horas baixo a carpa situada na Praza Paradela coa animación de “trasnos máxicos” a cargo de Sarao Animación e a actuación do mago Marco, para grandes e pequenos. Será ás 20.00 horas cando se inicie a conta atrás que dará paso ao aceso oficial das luces de nadal do municipio, preto de 200.000 leds que iluminarán os lugares máis emblemáticos da vila.

 

Tres cámaras con operador e outras tres fixas colocadas en lugares estratéxicos permitirán que por streaming cualquier veciño ou veciña poida ver en primeira persoa o aceso da Praza da Paradela e a súa contorna, a coñecida e xa tradicional “árbore vermella” de Gondomar ou a iluminación elixida nesta ocasión para lucir na Alameda da vila.

 

Completarase o acto coa retransmisión de dous vídeos elaborados para a ocasión cos que se lembrará a campaña de recadación de fondos para poder garantir Reis Magos aos pequenos de familias máis vulnerables, Gondoilusión, e, un segundo no que se avanzará a programación organizada desde o departamento de Cultura do concello de Gondomar para estas datas.

 

Paco Ferreira subliña que “debemos apoiar a este sector, a cultura, que nos necesita e demostrouse que é seguro. Ademais garantiranos grandes e bos momentos que nos permitirán darlle algo máis de normalidade ao Nadal do 2020”.

 

 

 

 

O aceso irá acompañado por actividades previas de animación e pensadas para os máis cativos e cativas

 

 

 

 

Non faltará a visita de Papa Noel que os días 23 e 24 de decembro estará na carpa da Praza da Paradela de forma estática e acompañado dunha animación creada para a ocasión. Como tamén se contará coa tradicional Cabalgata de Reis, adecuada á época na que vivimos, de maneira que as súas maxestades tamén estarán na Praza a tarde do día 05 de xaneiro.

 

Maxestades de Oriente cos que poderán falar todos os pequenos e pequenas que o solicitaran con previsión a través da plataforma posta en marcha (www.nadal2020.es) para cerrar unha videochamada cos Reis Magos, unha oportunidade que terán os máis novos para poder así comunicar a súa lista de agasallos ante a imposibilidade do contacto e as entregas en man como viña facéndose tradicionalmente.

 

O Apalpador realizará o día 30 de decembro un pasarrúas polo centro de Gondomar para saudar a todos os pequenos, unha actividade que se suma a outras como o teatro no Auditorio Municipal Lois Tobío onde o domingo 06 de decembro representarase “ Contos de recreo”; os días 11 e 12 de decembro a obra “Doce uvas, dos mulleres y una oliva”; e, o 19 de decembro “Se fosen turistas levarían lentes de sol”.

 

O humor chegará da man de Sergio Pazos e o monólogo programado para o venres 18 de decembro, ao que se sumará ademais o espectáculo “Baila vestido verde” (17 de decembro), ou o concerto do Grupo de Cámara da Banda Musical de Vincios, previsto para o día 27 de decembro no Parque da Coelleira.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.