Martes, 21 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 03 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

O pleno de Mos aproba por unanimidade o Plan de acción para o Clima e a enerxia sustentable

Trátase do PACES, unha memorial anual do consumo enerxético, en base a cuxos resultados elaborarase o plan de medidas para reducir nun 40% as emisións de CO2 e de tódolos gases de efecto invernadoiro

É importante neste ámbito o Pacto asinado polos Alcaldes, polo Clima e a Enerxía, que se trata dunha iniciativa impulsada hai máis dunha década a nivel europeo para implicar tamén ás administracións locais na loita contra o cambio climático. A iniciativa está coordinada e liderada desde finais de 2017 en Galicia pola Xunta. Trátase polo tanto dun documento clave no que o Pacto dos Alcaldes expón como pensa lograr os compromisos asumidos. Define as medidas de mitigación e adaptación deseñadas para lograr os obxectivos, xunto co calendario e as responsabilidades asignadas.

 

Fai un ano que o Concello de Mos aprobaba tamén por unanimidade en Pleno a adhesión ao Pacto e, desde entón, púxose en marcha a redacción do proxecto mosense, a folla de ruta a seguir nos próximos anos respecto do Pacto.

 

Agora, unha vez aprobado por unanimidade polo Pleno da Corporación Municipal o pasado luns, pasará a ser rexistrado  telemáticamente, no sitio web da Oficina do Pacto da Unión Europea, segundo os procedementos establecidos pola propia oficina.  O edil Leo Costas agradeceu “o labor de apoio e asesoramento que brinda neste sentido a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda á hora de participar no Pacto” e declarou que “desde este equipo de goberno estamos moi sensibilizados e concienciados co medio ambiente e co cambio climático, polo que desde a administración local estamos moi felices de ter dado este paso máis co apoio ademáis de todos os grupos da oposición”.

 

O concelleiro Leo Costas explicou que “Era imprescindible entregar o paces antes do mes de decembro aprovado en pleno municipal.  Este documento é a memoria enerxética do concello onde realizamos un analisis do consumo en Luz publica, os dificios municipais, gasoleos e gasolina, calefacción, aire acondicionado… etc e trázase un plan para reducir as emisións de efecto invernadoiro, o obxectivo é entre o 2020 e o 2030 reducilas nun 40% para cumprir co Pacto de Alcaldes polo clima e a enerxia.


Co PACES temos un lugar de partida e unha meta, o 2030. É moito o que temos que ir facendo a partir de agora para logralo, por iso é importante resaltar que este compromiso vai máis alá desta lexislatura. Como é obvio, este goberno require o compromiso de gobernos vindeiros, por iso cada anos faremos unha comisión de seguimento do pacto para asegurarnos de se está a cumplir”

 

A partir do ano 2021, tope para a presentación do PACES, o Concello de Mos será obxecto dunha auditoría cada dous anos, na que se controle que a redución das emisións cumpre os parámetros establecidos. O cumprimento dos mesmos implicará beneficios para a administración local mosense, tales como prioridade e facilidades á hora de solicitar e recibir subvencións.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.