GALICIA
A Xunta agradece o labor dos voluntarios de Protección Civil con mais de 97.000 operativos
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, indicou que o voluntariado tivo e ten un papel fundamental pola súa forte implantación e cercanía á veciñanza
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva agradeceuesta semana o traballo dos voluntarios de Protección Civil con máis de 97.000 operativos realizados desde o pandemia, destacando o reparto de alimentos e medicamentos, as visitas a persoas que viven soas e a desinfección de lugares de pública concorrencia.
Segundo indicou o director xeral, o voluntariado de protección civil tivo e ten un papel fundamental na resposta as grandes emerxencias en apoio aos profesionais pola súa forte implantación e cercanía á veciñanza. Desde o momento en que se activou o Plan de Emerxencia de Galicia estes servizos estiveron mobilizados para axudar e colaborar coas autoridades de Protección Civil.
Santiago Villanueva indicou que todo isto foi posible, en boa medida, grazas á colaboración da Xunta cos concellos dotándoos de case 220 vehículos, mais de 130 remolques de emerxencia e mais de 130 terminais de radiocomunicación, entre outro material, por un importe total de mais de dez millóns de euros nos últimos anos.
O material cedido a través de ordes de axudas e convenios responde ao obxectivo de que todas as Agrupacións conten por un lado co equipamento imprescindible para o seu funcionamento, entre o que compre destacar vehículos todoterreo e remolques de emerxencia, e por outro lado con material específico para a atención das emerxencias mais probables no seu territorio.
Lembrou tamén que dende a Xunta dotouse aos concellos con case 220 vehículos, mais de 130 remolques de emerxencia e mais de 130 terminais de radiocomunicación, entre outro material, por un importe total de mais de 10M euros nos últimos anos
Neste ano 2020, seguindo co esforzo inversor realizado en anos anteriores e tendo en conta o importante papel que os servizos de emerxencia, tanto profesionais como voluntarios, realizaron e continúan a realizar como consecuencia da pandemia xerada pola COVID-19, a Xunta de Galicia continuou co apoio aos concellos con servizos de protección civil, a través dunha orde de axuda para financiar os gastos de funcionamento por importe de 340.000 euros e unha orde de dotación de material por un importe total de 932.400 euros en base a cal se cederán aos concellos 8 vehículos todo terreo tipo pick-up, 12 remolques para a atención ás emerxencias, 37 tendas de campaña para emerxencias, 4 UTV (Utility Task Vehicle) con clasificación T1b, 12 coitelas para retirada de neve, 12 esparexedores de sal e 4 embarcacións pneumáticas de salvamento e rescate.
A formación das Agrupacións é un alicerce fundamental para que estas podan levar a cabo o seu traballo. De aí que a pesar das dificultades que a pandemia está a xerar para poder levar a cabo a formación dun xeito presencial como se viña facendo, especialmente en cursos que requiren de exercicios prácticos con moito contacto entre docentes e alumnos e entre os propios alumnos como poden ser cursos de primeiros auxilios, non deixamos de innovar potenciando a formación en liña con recursos didácticos innovadores para para lograr que os voluntarios e voluntarias adquiran as coñecementos, capacidades, habilidades e destrezas necesarias para o desenvolvemento das súas funcións.
A tal fin, a Academia Galega de Seguridade Pública, no ano 2021 continuará programando actividades formativas dirixidas exclusivamente ao colectivo do voluntariado de protección civil potenciando a formación on line de calidade grazas as novas tecnoloxías.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104