Vigo
A Fundación Amancio Ortega cede a escola infantil de Bembrive
Abel Caballero agradeceu esta semana á Fundación Amancio Ortega a cesión da escola infantil de Bembrive, que pasará a ser o noveno centro educativo municipal. Esta doazón permitirá ao Concello ofertar 82 novas prazas para nenos e nenas de entre 0 e 3 anos para o próximo curso escolar.
A Xunta de Goberno local aprobou esta semana o convenio de aceptación da doazón ao Concello da escola infantil que a Fundación Amancio Ortega vén de construír no Camiño do Areeiro (Bembrive). A entrega definitiva do centro -perfectamente equipado - terá lugar cando se firme o convenio, o que permitirá ao goberno local asumir o mantemento da que será a novena escola infantil municipal. En rolda de prensa, Caballero agradeceu unha vez máis á Fundación Amancio Ortega a súa labor social e, concretamente, a construción e cesión dunhas instalacións que permitirán ofertar 82 novas prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos. Os orzamentos de 2021 xa incorporan unha partida de 200.000 euros para a posta en funcionamento desta dotación educativa.
O Goberno local tamén deu luz verde ao proxecto de convenio de colaboración coa Universidade de Vigo para o desenvolvemento de programas de axudas aos alumnos en conceptos como bolsas, bolsas de comedor ou achegas ao trasporte. Esta colaboración é, unha forma, explicou o rexedor, de devolverlle á Universidade o que pagaban de IBI, un imposto que a institución académica deixará de abonar logo dunha sentenza do Tribunal Supremo que exime dese pago ás universidades de España.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115