Viernes, 19 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 04 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

O Concello de Mos pon en marcha o obradouro dual MOS PEREGRINO

Participarán 20 persoas desempregadas do municipio ao longo de 9 meses

Este proxecto, denominado, “Mos Peregrino” ten como finalidade a posta en valor do patrimonio municipal e etnográfico existente no municipio, e máis concretamente, o trazado do Camiño de Santiago Portugués ao seu paso polo concello de Mos e a súa zona de influencia..


A mellora destes entornos favorecerá a dinamización do Camiño de Santiago, sendo un foco importante de posta en valor da promoción turística e acercamento ao peregrino.


A concelleira delegada de promoción económica e emprego, Julia Loureiro Campo, destaca a prioridade do proxecto en enfocar as obras de acondicionamento e revalorización, ao desenvolvemento de ocupacións orixinariamente tradicionáis, pero que as novas técnicas e propostas de materiáis, así como a relevancia que está adquirindo a restauración e rehabilitación do patrimonio, fan destas ocupacións unha fonte de emprego nos próximos anos.


Por elo, o alumnado-traballador se formará en especialidades formativas, tales como: Edificación e Obra civil: Albanelería e colocación de pedra. Madeira: Traballo de carpintería e moble, Mecanizado de madeira e derivados.


As actuacións que se desenvolverán unidas á formación certificable que se lles dará ao alumnado desenvolveránse nos espazos públicos ao longo do Camiño de Santiago, incidindo na sinalización, mobiliario urbano, obras de acondicionamento e embellecemento do Camiño.


Ao remate da actividade do Obradoiro dual de emprego, o Concello de Mos desenvolverá un programa de inserción laboral das persoas participantes no Obradoiro, e través de incentivos á contratación por conta allea durante un mínimo de 3 meses a xornada completa en empresas que o soliciten na convocatoria destas axudas, que terá lugar antes do remate do Obradoiro.
A selección do alumnado do Obradoiro e do equipo directivo realizaráse nas vindeiras semanas e prevése o inicio do mesmo a fináis do mes de decembro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.