Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 09 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Melloras no Pavillón Óscar Pereiro e o Campo de Fútbol de Coto Torrón

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e a edil mosense de Deportes, Begoña Toucedo,  mostráronse satisfeitos despois de ver rematados os diferentes proxectos de obras no pavillón Oscar Pereiro e no Campo de fútbol de Coto Torrón.


A administración local mosense executou con cargo ao Plan Concellos, a mellora da cuberta do Pavillón Óscar Pereiro na súa parte translúcida. Substituíronse tódalas pranchas existentes substituíndoas por outras novas de policarbonato celular de 30 mm de espesor e 900 mm de ancho. As novas pranchas estan ancoradas á estrutura portante mediante abrazadeiras de ancoraxe.


Con esta mellora obtense unha transmisión de luminosidade do 52%, o que supon un aforro na enerxía eléctrica da instalación e lógrase maior claridade no interior do pavillón, ademais de evitar as filtracións de auga. A integración co resto da cuberta é perfecta, por ter un sistema de unión en forma de alas, polo que forma un plano compacto, unindo as pranchas. Ademais asegura a entrada da luz sen necesidade de cambios de temperatura e evita fugas térmicas ou entrada de humidades.


A superficie en planta da cuberta do pavillón é de 1.298,00 metros cadrados, sendo a superficie de policarbonato de 500 metros cadrados. O orzamento de execución material ascende a 21.000 euros.


Esta gran mellora da cuberta, sumada aos traballos feitos na piscina; encintado do vaso, selado dos azulexos,  tarefas de mantemento na sauna, mantemento dos vestiarios, etc.  fai que ambos espazos esten perfectamente preparados para a actividade deportiva de clubes, nenos e maiores.


Clube Deportivo Louro
Por outra banda, as obras realizadas no complexo deportivo do Clube Deportivo Louro  consistiron en cubrir un espazo de zona de descanso e comunicación, mediante unha estrutura metálica acabada con panel nervado. En concreto, a construción dunha cuberta entre a edificación de oficinas, bar, aseo e a cuberta que cubre o acceso ao campo mediante unha estrutura metálica.


Con estes traballos de cubrición da zona de comunicación entre as diferentes infraestruturas do campo preténdeuse seguir mellorando as instalacións, coa construcción dunha cuberta metálica que comunique o ximnasio, as oficinas, os aseos e o acceso ao campo para o público.


Realízouse previamente unha cimentación de 8 zapatas de formigón armado para soporte de 8 piares metálicos cadrados tubo ocos de 100.100.5 mm e estrutura de aceiro galvanizado de vigas perfil cadrado tubo oco 200.100.5 mm e correas tubo 100.50.4 mm totalmente soldada e pintada.


Por último realizouse a cuberta mediante panel nervado formado por dúas chapas lacadas, sendo a cara exterior de cor verde e a interior branca, ambas unidas por illante térmico de poliuretano de espesor 30 mm. O panel instalouse sobre estrutura previamente colocada con todos os medios de fixación necesarios.


Asúmese dende un punto de vista estrutural e construtivo así como dende o punto normativo en canto ás esixencias de seguridade estrutural, de incendio, utilización, accesibilidade, salubridade, aforro de enerxía, ruído con carácter xeral e en relación á integración da edificación no marco urbanístico de actuación establecido na Lei de Ordenación Urbanística de Galicia (LOUGA) e no Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mos (PXOM).


O acceso á edificación proposta, realizouse a través da marquesina que protexe  o acceso dende o espazo exterior, entrada ao conxunto formado polas edificacións anexas existentes polo vento noroeste da parcela.
 O proxecto finánciouse con cargo ao Plan Concellos 2020 Liña 1 “Obras en instalaciones deportivas muncipais”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.