Martes, 10 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 09 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Un millón de euros para o mantemento e atención a incidencias invernais nas estradas da zona sur da provincia

En conxunto, a institución destina un orzamento total de 3,2 millóns a estas tarefas de conservación na rede viaria provincial

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de adxudicar o servizo de mantemento e atención a incidencias invernais na rede provincial de estradas na zona Sur por un orzamento de 906.153 euros. Este é o último dos lotes que quedaba por contratar despois de que en novembro se adxudicasen os correspondentes ás zonas Norte e Centro, e inclúe os viarios que transcorren polos concellos de  Salceda de Caselas, Tui, Ponteareas, Salvaterra, As Neves, Mondariz, Mondariz-Balneario, A Cañiza, Covelo, Arbo e Crecente.

 

Estes contratos, que teñen unha duración de dous anos, permitirán o reforzo das brigadas propias da institución que cobren o territorio para acadar un mantemento óptimo da rede viaria provincial, garantindo o tránsito durante os temporais invernais, a redución dos tempos de resposta a incidencias, así como a posta a disposición de novos medios e maquinaria especializada e a mellora da eficacia na xestión de residuos.

 

O investimento para estas tarefas no total da provincia alcanza os 3,2 millóns de euros, que se reparten entre os 1,5 millóns da zona Norte (Silleda, A Estrada, Cerdedo, Forcarei, Caldas, Cuntis, Valga, Pontecesures e Catoira), outros 800.000 euros para a zona centro (Ponte Caldelas, A Lama, Cotobade, Pazos de Borbén, Fornelos, Redondela e Soutomaior) e os 906.153 euros adxudicados agora para as estradas provinciais da zona Sur.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.