REDONDELA
Sanidade inicia a realización dun cribado con probas PCR á veciñanza de Redondela
Digna Rivas, que expresou a súa satisfacción pola posta en marcha dunha medida que ven reclamando dende hai semanas, espera que se realicen tamén probas ao persoal do Servizo de Atención ao Fogar (SAF)
O Concello de Redondela recibiu a comunicación oficial da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo sobre o inicio dun cribado de probas PCR á veciñanza do municipio que se realizarían tanto no hospital Álvaro Cunqueiro coma no do Meixoeiro. Trataríase de probas que se practican sen necesidade de saír do coche e cun alto grao de fiabilidade, polo que “permitirán coñecer a situación do alcande da pandemia no noso municipio”, asegurou a alcaldesa Digna Rivas.
Dende hai semanas, a rexedora local viña pedindo insistentemente, a realización destas probas. “Para que unha administración local optimizar os seus recursos na loita contra a pandemia e poñer todos os medios para garantir a seguridade sanitaria da veciñanza, é imprescindible coñecer o alcance real da pandemia, explica.
Rivas espera que o seguinte paso serán as probas PCR que se realizarán ao persoal do Servizo de Axuda no Fogar, servizo “que está en contacto directo con persoas incluídas no grupo de risco e cos que hai que extremar as precaucións”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149