GALICIA
Un total de 26 concellos adhírense nestes primeiros días ao convenio para tramitar sancións relacionadas coa Covid-19
O convenio foi asinado fai escasos días pola directora xeral de Administración Local e o presidente da Fegamp e ten como obxectivo contribuír a axilizar os procedementos e paliar a carga administrativa de moitos municipios
Un total de 26 concellos deron traslado xa da súa adhesión ao convenio para a tramitación por parte da Xunta das sancións relacionadas coa Covid-19 que son competencia municipal, despois de que o convenio fora asinado recentemente entre o Goberno galego e a Fegamp.
A Xunta prestará aos concellos que se adhiran ao convenio a asistencia técnica e material precisa para a tramitación dos procedementos sancionadores cando tal incumprimento sexa no ámbito que alcance a competencia dos concellos co obxectivo de contribuír a axilizar os procedementos e paliar a carga administrativa de moitos municipios. Os concellos que se adhiran ao presente convenio se comprometen a iniciar, instruír e resolver os procedementos sancionadores debendo remitir a Xunta de Galicia a información precisa para que esta poda executar a encomenda de xestión.
O Goberno galego reitera que é necesario que se cumpra o réxime sancionador, polo que nos casos que sexan competencia local, a Xunta prestará a colaboración necesaria para axudar aos concellos que carezan de medios a tramitar os expedientes sancionadores
O Goberno galego está tramitando os procedementos sancionadores que son da súa competencia por referirse a cuestións puramente sanitarias, como as corentenas ou illamentos. Pero hai outros expedientes que se refiren en maior medida a competencias municipais, das que se veñen ocupando os concellos tradicionalmente. Son casos como o incumprimento de horarios, os aforos máximos ou os controis de aglomeracións de persoas.
En calquera caso, o importante é que se cumpra o réxime sancionador. Por iso, a pesares de que esta é unha competencia local, a Xunta prestará a colaboración necesaria para axudar aos concellos que carezan de medios a tramitar os expedientes sancionadores.
Polo que a Xunta encargarase da elaboración, xestión e notificación dos distintos trámites dos procedementos sancionadores derivados da covid-19. O Goberno galego disporá de unidades tramitadoras base, supervisoras e de coordinación que se encargarán da elaboración material dos trámites en auxilio técnico dos instrutores dos procedementos designados polos concellos, que se encargarán da formalización dos actos de carácter xurídico.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104