Redacción / Xornal21.es
Viernes, 11 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
Galicia
O Sergas ampliará o número de prazas convocadas no concurso-oposición para médico especialista
O Consello da Xunta vén de aprobar a oferta de emprego público de persoal estatutario do Sergas do ano 2020, na que se autoriza a convocatoria dun total de 973 prazas; 652 de persoal licenciado sanitario, 275 de persoal sanitario diplomado e de formación profesional e 46 de persoal de xestión e servizos.
Así, ás 477 prazas de persoal licenciado sanitario convocadas en decembro do pasado ano, sumaranse 506 novas prazas derivadas da oferta de emprego público do ano 2020, acadando 983 prazas. Así mesmo, incrementarase a convocatoria de técnico en farmacia en 10 prazas máis, terapeuta ocupacional en 6 e de pinche en 10 prazas máis.
Está previsto que a publicación desta ampliación no Diario Oficial de Galicia se efectúe de xeito inmediato, xa neste mes de decembro, logo da súa análise na Comisión Técnica de Procesos Selectivos e posterior negociación na Mesa Sectorial de Sanidade prevista para o próximo luns.
Maior estabilidade
Este incremento de prazas e a súa acumulación ao proceso selectivo xa convocado permitirá a incorporación dun maior número de profesionais fixos nun menor espazo de tempo, que redundará nunha maior estabilidade dos equipos de traballo, ao tempo que fará máis atractiva para os aspirantes a participación no proceso selectivo, ao ver incrementado o número de prazas e, por tanto, as súas expectativas, ademais de evitar a súa participación en dous procesos distintos nun espazo temporal moi próximo.
Coa publicación no diario oficial desta ampliación, reabrirase o prazo de inscrición, previsiblemente neste mes de decembro, para a presentación de novas solicitudes, e o cambio de quenda de participación dos aspirantes inscritos que así o desexen.
As bases da ampliación da convocatoria, estrutura do proceso (concurso-oposición), temarios, exercicios, baremos, procedemento e prazos de acreditación de méritos serán os aprobados por Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 13 de decembro de 2019, de convocatoria do proceso, que non se verá modificada en ningún aspecto, agás no incremento do número de prazas convocadas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104