MOS
Os socialistas critican a "falta de compromiso do concello co 25N"
Censuran o gasto de 810€ na compra de globos e 1.815€ en material publicitario
A voceira socialista, Victoria Alonso, explica nun comunicado que "o pasado 25 de novembro conmemorouse o Día Contra a Violencia de Xénero na que se busca implicar a sociedade para loitar contra a lacra dos asasinatos machistas, cuestión coa que as administracións deben implicarse. As accións levadas a cabo polo goberno municipal foron a colocacións de globos lilas por todo o concello e material publicitario, ademais dun minuto de silencio no concello".
O Partido Socialista de Mos xa criticou no seu día a utilización de elementos contaminantes, coma son os globos, posto que foron colocados "e nos seguintes días estaban esparcidos polas beirrarúas". Tamén solicitaron actividades que veñan a reforzar a concienciación da cidadanía na repulsa desta lacra. Dende a bancada socialista non ven aceptable "que se faga un gasto de 810€ na compra de globos e 1.815€ en material publicitario e o seu deseñ"o. En definitiva, consideran que "eses máis de 2.600€ poderían ser empregados en actividades de concienciación que demostren a implicación do Concello".
A voceira socialista, Victoria Alonso, reafirmase na "necesidade de ter administracións que traballen por frear estes asasinatos e por educar en valores igualitarios". Considera "inaceptable que se faga un acto que semella máis a unha festa que a conmemoración do día contra a violencia machista, e que se asuma un gasto de máis de 2.600€ en algo que se empregou para sacarse fotografías". Engade que "a implicación coa loita contra a violencia de xénero ten que ir máis aló de actos para a foto e que esa mentalidade é a que non axuda a eliminar este problema que son os asasinatos machistas".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126