SALUD | PANDEMIA
Kluge: “A mortalidade do cancro de mama aumentará un 10% e a do colorrectal un 15%”
O director para Europa da Organización Mundial da Saúde, Hans Kluge, foi un dos protagonistas da webinar coa que a Cátedra de Cronicidade da Universidade de Santiago de Compostela celebrou o seu primeiro ano de existencia
O director para Europa da Organización Mundial da Saúde (OMS), Hans Kluge, foi contundente na súa intervención na webinar da Cátedra de Cronicidade da Universidade de Santiago de Compostela, coa que esta celebraba o seu primeiro ano de vida: “O confinamento esmagou ao virus, pero tamén á xente”. O doutor belga puxo o acento nos efectos da pandemia na saúde dos europeos ao afectar á detección e tratamento doutras enfermidades: “Nos próximos anos, moitos países rexistrarán un aumento do 10% na mortalidade do cancro de mama e do 15% no cancro colorrectal”. Unha circunstancia que non dubidou en cualificar de “dano colateral inaceptable da COVID-19” porque “son persoas que sabemos que nunca deberían falecer de haber unha monitoraxe e detección temperá de cancros curables”.
Baixo a premisa de que a actual situación sanitaria xerará un aumento da cronicidade, Kluge sinalou que Europa xa era a rexión máis afectada de todo o mundo polas enfermidades crónicas (cancro, enfermidades respiratorias e diabetes), que son a causa principal de morte e discapacidade. De feito, apuntou, que “un 80% dos falecementos por esta causa e máis de 2/3 das enfermidades deste tipo a nivel mundial ocorren na rexión europea da OMS, o que é moi significativo”.
O alto cargo da Organización Mundial da Saúde asociou estas enfermidades crónicas “co que podemos chamar factores de risco conductuales, fundamentalmente o tabaquismo, o sedentarismo, as dietas insanas e, por suposto, o consumo nocivo de alcol”. Así mesmo, subliñou o feito de que este tipo de doenzas e os seus factores de risco “afectan máis os grupos socioeconómicos menos favorecidos e aos homes, algo que tamén sucede coa COVID-19”.
Seguindo co impacto da pandemia nas enfermidades crónicas, Hans Kluge explicou que “hai evidencias de que estas empeoran coa tensión e os cambios en condutas normais e sas”. Os datos que manexa a OMS así o testemuñan e, ademais, apuntan a que “na nosa rexión, que engloba a máis de 53 países membros, 7 de cada 10 denunciaron alteracións parciais ou totais dos servizos de hipertensión e monitoraxe e máis da metade, alteracións en áreas de coidado da diabetes”. O aprazamento de citas e probas afectou ao coidado das enfermidades crónicas, algo que preocupa e moito ao director para Europa da OMS, médico de familia de profesión.
Kluge recoñeceu na súa intervención no vídeo-debate internacional que o confinamento do mes de marzo “esmagou o virus pero tamén á xente”
De feito, a OMS dirixiuse a todos os estados para que non ignoren a prevención e xestión das enfermidades crónicas nestes momentos. Neste punto, referiuse Kluge ao programa de traballo paneuropeo para cambiar o modelo sanitario actual pasando “de curativo a preventivo, e cun enfoque global”. Boa proba diso, sinalou, é a creación no seo da organización en Europa dun Comité Consultor de Alto Nivel para estas doenzas, que se reuniu por primeira vez o pasado 13 de decembro “para ver como podemos mellorar e como volver poñernos ao día mediante a innovación, incluíndo a dixital”.
Mellor resultado para os que afastaron a COVID 19 dos hospitais
Para terminar, o alto cargo da Organización Mundial da Saúde quixo deixar claro na webinar da Cátedra de Cronicidade que a pandemia non pasou, “aínda que xa vexamos luz ao final do túnel coa vacina e os desenvolvementos tecnolóxicos”. Nesta liña, destacou que a COVID-19 está a deixarnos unha serie de ensinos que non debemos obviar: “Necesitamos sistemas sanitarios sólidos, que permitan mellorar a saúde e que se deben basear nos servizos de atención primaria”. Como exemplo, sinalou que “durante a pandemia habemos visto que os países que afastaban a Covid-19 dos hospitais tiveron resultados, en xeral, moito mellores”. No plano positivo, “porque tamén hai cousas positivas”, Hans Kluge referiuse a que “o que levabamos anos tentado en cuestión de saúde dixital ocorreu de súpeto nun par de meses”.
Por tanto, e a modo de resumo, subliñou os tres piares nos que se debe basear unha boa xestión da sanidade: “Sistemas sanitarios sólidos; solidariedade, porque só imos logralo se estamos xuntos; e unha relación recíproca entre saúde e economía, entre vida e sustento”, concluíu.
Os expertos españois que tomaron parte no debate
A multiconferencia internacional coa que a Cátedra de Cronicidade da USC celebrou o seu primeiro aniversario tamén contou coa participación de expertos españois do máis alto nivel como Jesús Díaz Manglano, presidente da Sociedade Española de Medicina Interna; Iria Grande, secretaria da Sociedade Española de Psiquiatría; Salvador Tranche, presidente da Sociedade Española de Medicina Familiar e Comunitaria; e María Gálvez, directora da Plataforma de Organizacións de Pacientes.
Antonio Pouse, director da Cátedra da USC, e Rafael Bengoa, o seu asesor principal, foron os encargados de coordinar as intervencións desta webinar que presentou a subdirectora da Cátedra, Montserrat Sánchez-Agustino.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129