Lunes, 08 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 17 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
Mos

Victoria Alonso califica a rexedora mosense de “autoritaria”

Na sesión extraordinaria da corporación de Mos no día de hoxe, convocada polos grupos da oposición os socialistas quixeron recalcar que "a sentenza di que dende correos tan so saíron as cartas que colleu a carteira para a súa casa, por tanto é mentira que chegaran a máis veciñas e veciños. Que nas declaracións recoñecen o tenente alcalde que a conta non era válida para cobrar o importe e o director de Correos que entendeu o envío coma un envío de publicidade. Nas súas intervencións os socialistas quixeron recalcar que a alcaldesa demostra defender intereses persoais e do seu partido por riba dos veciñais, e isto leva a toda a veciñanza a ter que asumir os gastos destas disputas con colectivos e veciños".

 

Pola súa banda, a voceira socialista, Victoria Alonso, dixo unha vez máis que fan "unha labor de fiscalización das decisións do goberno e poñen voz ó 52% da poboación que votaron en contra das xestión do Partido Popular e de cómo a alcaldesa está acostumada a crerse dona do concello cando é unha rexedora". Engadiu que "debería velar polas necesidades da veciñanza fronte a malgastar o fondos públicos en cruzadas persoais". Ademais, Victoria Alonso pediulle a alcaldesa "máis altura de miras e que abandone esa pose de autoritarismo" xa que a oposición non puido responder ante as súas reclamacións nin foron aceptadas as peticións de intervencións por alusións persoais, isto tamén axuda a explicar que a voceira pedise o voto favorable de todas as concelleiras e concelleiros xa que viven en primeira persoa o autoritarismo da rexedora.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.