Redondela
Suspendida a feira do día 21 en Redondela ao manterse o municipio con peche perimetral
Os datos achegador por Sanidade rexistran un descenso dos casos activos pero non son suficientes para levantar as restricións
O Concello de Redondela vén de anunciar a suspensión da feira que se tiña que celebrar o vindeiro 21 de decembro, ao continuar o municipio en situación de peche perimetral pola pandemia da COVID e en nivel de restrición máxima.
Os datos aportados por Sanidade apuntan a unha lixeira diminución dos casos activos aínda que non o suficiente para eliminar as restricións vixentes no municipio. Redondela será novamente obxecto de análise esta vindeira semana na que, de seguir na actual tendencia, poderían rebaixarse o nivel de restrición.
Todos estes factores fan que o Goberno local optara pola suspensión da feira do día 21 de decembro “unha medida difícil xa que supón suspender un mercado en plena campaña de nadal que sempre é un elemento dinamizador do comercio local”, asegurou a alcaldesa Digna Rivas.
Para o Concello a primeira prioridade é a saúde dos nosos veciños e veciñas e a celebración dun mercado destas características e nas actuais circunstancias sanitarias, suporía un risco para a saúde da veciñanza”. A maiores, o nivel de restrición máxima no que se atopa o concello redondelán, “inclúe un peche perimetral tanto para entrar como para saír do concello, o que suporía unha dificultade engadida”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151