Domingo, 07 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 21 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

So 572 mosenses asinaron modelos de alegación contra a modificación do PXOM

A cifra difundida polos promotores falaba de 5.000 alegacións, o que desde o goberno local se considera unha “estratexia de manipulación e mentira, de política da desesperación”

O goberno do Concello de Mos, encabezado pola súa alcaldesa, Nidia Arévalo, pronunciouse hoxe ante o que consideran a “demostrada política da desesperación” realizada mediante a “mentira e a manipulación”. Rexedora local e equipo de goberno puxeron luz sobre ás alegacións á modificación puntual do PXOM para o proxecto do RC Celta en Mos, das que os seus promotores informaran no seu día da presentación de 5.000 documentos. Pois ben, os técnicos municipais, para empezar, entenden que formalmente só son 2, xa que elaboráronse 2 modelos que ofreceron para asinar.


Ademais a cifra de 5.000 documentos dista moito de ser real, xa que o número total de documentos asinados ascende a 2.788; e o máis grave é que a maioría de persoas asinaron varias veces, algunhas ata 5 veces. Sendo a media de sinaturas por persoa de 2,3. De xeito que o número total de persoas alegantes foi de 1.212, das que mosenses tan só son 572.


De Tameiga foron 1.005 alegacións asinadas por 436 persoas. Esas 436 persoas distribúense en 221 casas: é dicir varios habitantes da mesma vivenda asinaron alegacións (ata 4 persoas da mesma familia nalgún caso. A media é de 2 alegantes por casa). Do resto de Mos (9 parroquias restantes): 312 alegacións asinadas por 135 persoas.


E de fóra do Concello de Mos foron máis da metade das alegacións, o 53% para ser exactos. Foron 1.471 alegacións asinadas por 639 persoas. Da provincia de Pontevedra: 1.369 alegacións asinadas por 595 persoas. De Galicia, fóra da provincia de Pontevedra: 75 alegacións (a maioría de Santiago de Compostela) asinadas por 32 persoas. E de España, fóra de Galicia: 27 alegacións (sobre todo do País Vasco e Ponferrada) asinadas por 12 persoas.


Arévalo e o seu equipo de goberno definen esta “estratexia de manipulación e mentira”, como a “política da desesperación”; “mentres desde o goberno defendemos a verdade”, aseguran.


Consideran que “esta campaña respaldada e apoiada polos grupos da oposición de BNG, GañaMOS e PSOE non nos freará para que Mos saiba toda a verdade, aínda que iso os poña nerviosos e queiran tapar a realidade porque non lles interesa que se saiba”.


“Estes datos demostran que temos o consenso de Mos e que a veciñanza de Mos premia a política da verdade, e a xestión de defensa de Mos por riba de todo, fronte aos que só queren destruír e levarse o que sexa e a quen sexa por diante con tal de medrar políticamente”, concluíu a alcaldesa.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.