Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 22 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas mantense en peche perimetral

A Xunta vén de comunicar ao Concello de Ponteareas a nova situación sanitaria tras a xuntanza do comité clínico da Consellería de Sanidade. Neste martes, o número de casos sitúase en 43.


Tal como establecen as normas da Xunta, a localidade debe manter o peche perimetral, pero baixa a nivel medio-alto, o que supón a posibilidade de apertura da hostalaría cun aforo interior dun 30%, podendo estar aberta ata as 18 horas. O aforo en terrazas continúa a ser do 50%, e os grupos non poden superar as catro persoas. Estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas deste mércores,  tras publicárense no Diario Oficial de Galicia.


Ante a insistencia da concelleira de saúde e alcaldesa en funcións, Cristina Fdez. Davila, para a realización dun cribado na localidade, a Xunta autorizou ao Concello a facilitar unha listaxe de persoas voluntarias para asistir ao Hospital Álvaro Cunqueiro a realizar un cribado por sectores. Fdez. Davila sinalou que “o primeiro cribado realizarase entre traballadoras e traballadores do comercio, hostalaría, Praza de Abastos e persoal municipal, xa que todas elas son persoas que maioritariamente traballan con atención ao público e contactan a diario cun amplo número de persoas.” A alcaldesa en funcións informou que “continuaranse elaborando listaxes doutros sectores para realizar as PCR en seguintes fases nas vindeiras semanas, cumprindo así as limitacións que nos marca a Xunta”.


Neste sentido, a concellería de Promoción Económica que dirixe Eva Gil, facilita un formulario (https://ponteareas.gal/cribado-para-comercio-e-hostalaria/) para que ditas traballadoras e traballadores poidan anotarse antes do luns 28 de decembro. A continuación, o Concello transmitirá estes datos ao Sergas para que contacten con cada persoa e a convoquen para a realización da PCR. Así mesmo, o goberno local pon a disposición de comercio e hostalaría un enderezo electrónico (promocioneconomica@ponteareas.gal) e un teléfono de contacto  (673855422) para poder solucionar calquera dúbida.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.