Xornal21.es
Jueves, 24 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
GALICIA
‘Ons’, a segunda película máis vista da fin de semana en Galicia
Consegue poñerse de número un, superando a superprodución 'Wonder Woman 1984', en varios cinemas galegos
A longametraxe ‘Ons’ foi a segunda película máis vista nas salas de cine galegas nas que se estreou a fin de semana pasada. Só foi superada por Wonder Woman 1984 nos cinemas dos centros comerciais, mentres que noutras salas a cinta de Alfonso Zarauza foi a que tivo máis espectadores. O público responde así de forma moi positiva á estrea deste filme en lingua galega, que se manterá na maioría das salas durante estas festas.
‘Ons’ está dispoñible en salas de Vigo, A Coruña, Santiago, Lugo, Ferrol, Marín, A Estrada e Caldas de Reis, así como en Madrid e Barcelona. Incorpóranse na próxima fin de semana os cines de Narón e Palma de Mallorca, mentres que Pontevedra acolle a estrea con dous pases no Teatro Principal organizados polo Concello, e que esgotaron hai días as entradas á venda. Nas vindeiras semanas chegará a novas localidades galegas.
O filme, coproducido con Portugal e ambientado na Illa de Ons, é un drama emocional con toques de misterio protagonizado por Melania Cruz e Antonio Durán ‘Morris’. Interpretan un matrimonio en crise, que trata de salvar a súa relación vivindo unha temporada na illa de Ons e que cruza o seu destino co dunha muller amnésica que aparece naufragada na praia. Completan o reparto Xúlio Abonjo, Marta Lado, Anaël Snoek, Miguel de Lira, Diego Anido, Montse Martínez e Cris Iglesias. Na banda sonora do filme destaca a canción ‘Na cela’ do grupo de Carballo Chicharrón, que acompañou o equipo de ‘Ons’ na xira de preestreas que levou a cabo nas últimas dúas semanas por Bueu, Vigo, Madrid, A Coruña, Santiago e Lugo.
Trátase da quinta longametraxe de Alfonso Zarauza, un dos cineastas galegos máis sólidos e experimentados, tras A noite que deixou de chover (2008), Encallados (2013), Os fenómenos (2014) e A viaxe dos Chévere (2014). Ons está coproducida por Maruxiña Film Company (Galicia) e Bando à Parte (Portugal) e conta coa participación da Televisión de Galicia (TVG) e da Rádio e Televisão de Portugal (RTP), con subvención de Agadic e coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108