Domingo, 07 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 25 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Segunda fase de renovación da carpintería exterior no Colexio de Atín

A Xunta inviste en ambas fases preto de 100.000 euros. A mellora revirte nunha importante optimización do illamento térmico, da eficiencia enerxética e do aforro en gastos de climatización

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación mosense, Julia Loureiro, informaron esta semana de que se atopa prácticamente rematada a segunda fase da mellora do Colexio de Atín para optimizar o illamento térmico do centro.

 

As obras, xa finalizadas nalgunhas aulas, son de renovación da carpintería exterior metálica (portas e ventás). Esta segunda fase dos traballos, cun orzamento de 47.000 euros, dá continuidade á primeira fase acometida o curso pasado. A inversión na primeira fase foi duns 50.000 euros polo que en ambas a consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia inviste preto de 100.000 euros.

 

Unha vez concuída esta segunda fase quedará prácticamente renovada na súa totalidade a carpintería exterior do centro educativo. A consellería de Educación asumiu esta mellora, cuxos traballos foron iniciados durante o pasado ano 2019.

 

Estas obras no Colexio de Atín revirten nunha importante optimización do illamento térmico das instalacións do centro educativo coa conseguinte mellora da eficiencia enerxética e aforro en gastos de climatización.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.