GALICIA
A policía Autonómica levou a cabo 128 inspeccións en 22 concellos galegos
Leváronse a cabo 124 dispositivos que tiveron como 35 denuncias no marco do plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19
Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo do 23 ao 27 de decembro un total de 128 inspeccións en 22 concellos galegos no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19, nos que foron tramitadas 35 denuncias.
Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron na provincia de A Coruña, 38 dispositivos nos concellos de Ames, Boiro, A Coruña. Ferrol, Narón, Ribeira, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo, que tiveron como resultado 15 denuncias, 13 en Santiago e 2 en Narón-.
Na provincia de Lugo, leváronse a cabo 32 dispositivos nos concellos de Alfoz, Chantada, Lugo, Monforte de Lemos e Vilalba; e foron tramitadas 2 denuncias, unha en Alfoz e outra en Lugo. Na provincia de Ourense, leváronse a cabo 26 dispositivos nos concellos de Sarreaus, Ourense e Verín.
E finalmente na provincia de Pontevedra leváronse a cabo 28 dispositivos nos concellos de Pontevedra, Porriño, Redondela, Tui e Vigo; e foron tramitadas un total de 18 denuncias, das cales 3 foron en Pontevedra, 14 en Redondela e 1 en Vigo.
Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.
Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108