PONTEAREAS
A Xunta activa os obradoiros duais de emprego en Ponteareas e As Neves
A delegada territorial, Luisa Piñeiro, inaugura esta iniciativa laboral, que se desenvolverá durante nove meses cun investimento de 346.946€ e permitirá que os participantes realicen, ao seu remate, tres meses de práctica en empresas da zona
A Consellería de Emprego e Igualdade vén de activar a nova quenda de obradoiros duais de emprego na provincia de Pontevedra, que contará con ata 14 destas actividades, coa posta en marcha da iniciativa laboral Coidar de Nós III, que formará a vinte desempregados dos concellos de Ponteareas e As Neves grazas a un investimento de 346.946€.
A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, asistiu esta semana ao seu acto de inauguración, celebrado no Centro de Desenvolvemento Local de Lomba do Cruceiro, e destacou a “forte aposta do Goberno galego pola formación, a inserción e o traballo” en ambos municipios, que veñen de clausurar este mesmo mes a segunda edición deste obradoiro, e nas bisbarras do Condado e A Paradanta.
Nesta zona desenvolveranse tres obradoiros duais, xa que ao compartido por Ponteareas e As Neves uniranse Coidando entre Todos/as para os concellos de Mondariz e Covelo, cuxa inauguración está prevista para este mércores, e Salvaterra Emprega. En total, serán tres iniciativas laborais cun investimento de 1,04 millóns de euros que formarán e mellorarán a empregabilidade de sesenta participantes.
Destaca a “forte aposta da Xunta pola formación e o traballo” nas bisbarras do Condado e A Paradanta, xa que disporán de tres obradoiros con 60 participantes nos concellos de Ponteareas, As Neves, Mondariz, Covelo e Salvaterra
A representante autonómica, que estivo acompañada no acto de apertura pola alcaldesa en funcións de Ponteareas, Cristina Fernández, e polo rexedor das Neves, Xosé Rodríguez, animou aos participantes a “aproveitar esta oportunidade e desenvolver un bo labor de aprendizaxe para gañar coñecementos e experiencia e obter o certificado de profesionalidade, xa que elo contribuirá decisivamente a dispoñer de máis opcións laborais no regreso ao mercado de traballo cando finalice esta formación no outono de 2021”.
O obradoiro de emprego Coidar de Nós III manterá o mesmo esquema que a súa edición precedente cos módulos -con dez participantes cada un- de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio e Institucións e Repoboación Forestal e Tratamento Silvícola, que terán nove meses de duración e complementaranse con ensinanzas en materias como prevención de riscos laborais, igualdade, alfabetización dixital ou sensibilización ambiental, entre outras. Ademais, os alumnos-traballadores disporán da posibilidade, ao seu remate, de optar a contratos de prácticas por espazo de tres meses en empresas da zona para completar a súa formación e facer unha toma de contacto no mercado laboral en torno aos seus oficios.
En total, a Consellería de Emprego e Igualdade concedeu un total de 22 obradoiros duais de emprego no período 2020-2021 para a provincia de Pontevedra, dos que oito son para mozos e mozas e están orientados exclusivamente a desempregados de ata 30 anos de idade, cun investimento global próximo aos 7,5 millóns de euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.86