VIGO
A Xunta inviste 12 millóns de euros en políticas de emprego para a comarca de Vigo
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo acudiu hoxe á inauguración de 'Crea e Coida Miñor II' o obradoiro que formará a 20 persoas durante os próximos 9 meses en atención sociosanitaria e deseño de produtos gráficos
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, cifrou hoxe en preto de 12 millóns de euros o investimento da Administración autonómica en programas dirixidos a impulsar a formación para o emprego na área territorial de Vigo.
Así o afirmou durante a inauguración do obradoiro de emprego 'Crea e Coida Miñor II' que durante os vindeiros 9 meses formará a 20 persoas en materia de atención sociosanitaria e deseño de produtos gráficos co conseguinte certificado de profesionalidade. Un taller financiado integramente pola Xunta de Galicia cunha achega de 346.946 euros e organizado polos concellos de Gondomar, Baiona e Nigrán.
O obxectivo, incidiu Fernández-Tapias é ofrecer ás persoas demandantes de emprego unha cualificación especializada para incrementar as posibilidades de atopar un traballo, ao tempo que destacou a aposta do Goberno galego por ofrecer unha formación á carta das necesidades do tecido empresarial. Con estas iniciativas, dixo, “gañan todos; os participantes e as empresas da contorna”.
Asemade, a delegada incidiu na importancia da colaboración entre administracións, por canto se incrementan as oportunidades laborais dos galegos e galegas.
Puxo en valor a importancia da cualificación especializada e da continuidade de iniciativas como os obradoiros e os programas integrados de emprego
En canto a nova convocatoria destes talleres, que arranca hoxe na área de Vigo coa posta en marcha do 'Crea e Coida Miñor II' detallou que a Consellería de Emprego e Igualdade destina 1,7 millóns de euros para impulsar 5 obradoiros duais na área territorial (Vigo, Redondela, Mos, Gondomar e Salvaterra) e 3 destinados a menores de 30 anos a través do programa de emprego para mozas e mozos (Vigo, Redondela e Mos).
En canto aos programas integrados de emprego, dixo, permitirán a celebración dun total de 15 iniciativas, das que 5 están dirixidas exclusivamente a mulleres, para incrementar a formación e as oportunidades laborais das persoas desempregadas nos municipios da área territorial cun investimento superior aos 4 millóns de euros.
Xa por último, fixo referencia aos preto de 5 millóns de euros que destina o Executivo autonómico ás unidades formativas para persoas desempregadas, 303 acciones que beneficiarán a un total de 4.525 alumnos e alumnas da área territorial viguesa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163