MOS
A nova deputada autonómica mosense preséntase oficialmente ante o goberno local
Alcaldesa e concelleiros aproveitaron para tratar con Feli Rodríguez asuntos municipais que dependen da Xunta e solicitáronlle a súa intermediación
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto co tenente alcalde, Camilo Augusto, e demais membros do equipo de goberno local (os/as concelleiros/as Alberto Méndez, Sara Cebreiro, Baldomero Lorenzo e Gonzalo Alonso), recibiron onte oficialmente no salón de sesións do Concello á primeira muller mosense (e da comarca da Louriña) da historia que é deputada no Parlamento de Galicia, Feli Rodríguez; que recibiu a insignia co escudo do Concello de Mos de mans da rexedora local, por quen lle foi imposta.
Rodríguez pasou a ser deputada autonómica o pasado 14 de decembro, tras os nombramentos de José Manuel Cores Tourís e Jesús Vázquez Almuíña como novos presidentes do Porto de Vilagarcía e da Autoridade Portuaria de Vigo, respectivamente. E o 21 de decembro xurou o seu cargo ao comezo do Pleno do Parlamento de Galicia.
Na xuntanza de onte na Casa Consistorial mosense, o goberno local aproveitou para facer un repaso coa deputada autonómica dos asuntos municipais pendentes coa Xunta de Galicia e trasladáronlle un resumo dos mesmos para que poida intermediar na súa xestión e resolución. Entre eles atópase un de gran relevancia como é a liberalización do tramo Puxeiros-O Porriño da AP-9, de xeito que sexa gratuíto e desvíe tráfico da tan perigosa A-55.
Feli Rodríguez Carrera, veciña da parroquia de Tameiga, é considerada pola alcaldesa, Nidia Arévalo, como “a mellor defensora de Tameiga e de Mos no Parlamento e a súa presenza é unha aposta total e absoluta pola muller e a igualdade de xénero”.
Feli Rodríguez é a primeira muller deputada autonómica da comarca da Louriña no Parlamento de Galicia, só precedida por outro representante mosense, neste caso varón, o ex alcalde Justo José González Ballesta.
Quen é Feli Rodríguez Carrera
María Felisa Rodríguez Carrera. 23/Xaneiro/1964 (56 anos). É Administrativo e iniciou estudos de Dereito na UNED. Profesionalmente leva desenvolvendo actividades administrativas máis de 30 anos, tanto por conta propia como allea. A súa gran empatía resulta fundamental á hora de desenvolver traballos en equipo e enfrontarse á resolución de problemas, ámbitos nos que destaca, así como o seu afán de traballo e perseveranza.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126