• Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia

Domingo, 23 de Agosto de 2026

Actualizada Sábado, 22 de Agosto de 2026 a las 22:50:36 horas

  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • O Porriño repara las pasarelas del sendero del río Louro con una inversión de 17.758 euros

      O Porriño repara las pasarelas del sendero del río Louro con una inversión de 17.758 euros

    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Ponteareas logra 1,5 millones para convertir MercaTea en un mercado inteligente

      Ponteareas logra 1,5 millones para convertir MercaTea en un mercado inteligente

    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Tomiño subasta madera de 13 fincas por incumplir la limpieza

      Tomiño subasta madera de 13 fincas por incumplir la limpieza

    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • 'Tilducha' recibe el Lazo de Honor de Baiona

      'Tilducha' recibe el Lazo de Honor de Baiona

    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Pablo Trapero dirige en inglés a Bill Nighy en el drama familiar 'Sus hijos'

    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Sección A Louriña
    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Sección O Condado
    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Sección Baixo Miño
    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Sección Val Miñor
    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Sección Más Noticias
    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
  • Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21.es
Jueves, 31 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
VIGO

A Universidade aproba un orzamento de 184,6 millóns de euros para o vindeiro ano

Luz verde ao Plan Estratéxico da UVigo para o período 2021-2026

A UVigo contará en 2021 cun orzamento de 184.640.912 €, o que supón, despois de catro anos de incremento, un descenso do 5,3%. O Consello de Goberno, na derradeira sesión de 2020, aprobou con 33 votos a favor e cinco abstencións o proxecto de orzamentos para o vindeiro ano, "elaborado nun contexto de absoluta incerteza", destacou o vicerreitor de Economía, José María Martín Moreno, en referencia á ausencia de confirmación dos ingresos detallados que a UVigo recibirá por parte da Xunta de Galicia. O vicerreitor lembrou tamén na sesión desta semana que, a pesar do descenso no montante total, a Universidade contará en 2021 co orzamento estrutural máis alto da súa historia, de xeito que os ingresos estruturais, é dicir, os non afectados, ascenderán a 150.806.172 €, 3 millóns de euros máis que nas contas de 2020. "O orzamento non afectado sube tres millóns respecto do ano pasado por mor do incremento salarial do 0,9%, a incorporación dos sexenios de transferencia e os ingresos da Xunta derivados da pandemia da covid-19", detallou Martín Moreno, en relación co orzamento estrutural máis elevado da historia da institución académica.

 

Antes da aprobación dos orzamentos para o vindeiro ano, os membros do Consello de Goberno fixeron o propio co teito de gasto para o exercicio 2021 que quedou fixado en 196 millóns de euros. A derradeira sesión do ano comezou co informe do reitor e nela tamén se deu luz verde ao Plan Estratéxico da UVigo para o período 2021-2026, aprobándose tamén a nova denominación de Facultade de Comercio para a hasta agora EU de Estudos Empresariais. A creación do centro interuniversitario de matemáticas, o nomeamento da catedrática do Departamento de Fundamentos de Análise Económica da Universidade de Santiago de Compostela María Loureiro Garcia como investigadora honorífica da Universidade de Vigo e a aprobación da normativa de dedicación e recoñecementos docentes do profesorado, do manual do programa Docentia e do modelo e especificacións da enquisa de avaliación docente, foron outras cuestións abordadas este luns polo órgano de goberno da UVigo.

 

Finalizada a quenda de intervencións, o reitor reiterou o seu agradecemento a toda a comunidade universitaria pola súa actuación durante estes meses de pandemia e asegurou que este éxito reforza a seriedade de institución. "Pedimos máis luz para o ano que vén e o mellor para este Nadal raro e na casa", dixo Reigosa ao rematar a sesión.

 

Respaldo maioritario ao proxecto de orzamentos

Na súa presentación ante os membros do Consello, que hoxe seguiron a sesión a través de Campus Remoto e tamén de xeito presencial no Paraninfo do campus de Vigo, o vicerreitor de Economía reiterou a prudencia coa que se calcularon os ingresos que este ano se poden recibir no Plan de Financiamento da Xunta, ao tempo que lembrou o equilibrio económico da UVigo desde o ano 2012, así como o traballo realizado estes anos para incentivar a captación de recursos e para dar cumprimento aos prazos dos pagos. En canto ao descenso que este ano experimenta o orzamento, un 5% respecto do 2020, Martín Moreno rexeitou que se deba a que se captasen menos fondos, "senón a que este ano non houbo convocatorias da Xunta, nin convocatorias nacionais de infraestruturas de investigación e o convenio e I+D+i aínda o estamos a negociar", explicou.

 

Atendendo á distribución dos gastos, o capítulo de persoal segue a ser a principal partida (63,28 % do total) cun importe de 116.833.700 €, por riba dos 112.996.556 € de 2020. “A xustificación deste cambio está en varias causas: o incremento salarial do 0,9 % reflectido nos orzamentos do Estado para o exercicio 2021, os sexenios de transferencia e as ofertas de emprego público 2021”, explicou o vicerreitor. Tamén se reduce o capítulo de transferencias correntes (-9,45 %), debido á diminución de axudas do ministerio para os proxectos de relacións internacionais (Erasmus, Marmooc, Leap..., axudas para dotacións bibliográficas e bolsas de mobilidade internacional). e tamén descenden nun -32,41% os investimentos reais.

 

A votación do proxecto de orzamento estivo precedida das intervencións dos representantes do PAS, Xan Cebro e Luis Perez, que lamentaron a que consideran "política asimétrica de persoal entre o PAS e o PDI", ao tempo que defenderon a funcionarización "como unha mellora para os traballadores, pero tamén para a institución". Pola súa banda, o voceiro de Ideas que Suman, Emilio Fernández, defendeu que "é mellor ter un orzamento con incertezas que non telo", pero reiterou, como fixera o ano pasado, o seu desacordo co fondo do proxecto, razón pola que xustificou a súa abstención. Contabilizados todos os votos, o proxecto de orzamentos para o vindeiro ano quedou aprobado por 33 votos a favor e cinco abstencións.

 

Novo Plan Estratéxico para o período 21-26

Logo de oito anos, a Universidade de Vigo conta desde hoxe cun novo Plan Estratéxico que abranguerá o período comprendido entre os anos 2021 e 2026. Despois que o Claustro da semana pasada aprobase o texto definitivo, hoxe o Consello deu luz verde "á folla de ruta que ten que servirnos para chegar a ser a Universidade que queremos ser. Este Plan Estratéxico ten que axudarnos a facer unha Universidade de Vigo máis forte, máis integrada na súa sociedade, máis moderna, internacional, sen perder a nosa identidade, o noso compromiso coa sostenibilidade ou a nosa responsabilidade social", explica o docente e investigador Jacobo Porteiro, secretario do Comité de Dirección encargado da elaboración deste documento.

 

Despois que o reitor lembrase o máis destacado do proceso de elaboración do Plan que substitúe ao seu antecesor, que abarcou o período 2008-2012, Porteiro afondou nos cinco eixos estratéxicos (a formación; a relación coa sociedade; a organización e os recursos; a investigación e a transferencia e as persoas), os tres valores (internacionalización, defensa da igualdade e fomento da lingua galega) e os obxectivos de desenvolvemento da sostibilidade e Axenda 2030, sobre os que se articula o Plan. "Aínda que houbo unha moi boa participación e absolutamente todo o mundo que quixo participar tivo oportunidade e facelo, sempre tería cabida a opinión de moita máis xente. Eu persoalmente teño a total certeza de que todo aquel que tivo algo que achegar, atopou o tempo e os mecanismos para facelo", sinala o secretario do Comité de Dirección.

 

Desde as filas de Ideas que Suman, Emilio Fernández, recoñeceu o que considera un "plan impecable desde o punto de vista formal", pero manifestou a súa discrepancia no "para que sirve", así como na falta de "presión" que cre que se produciu para contar coa participación de responsables de centros, ex reitores o persoas responsables de grupos de investigación. A decisión de Fernández de absterse forzou unha votación que rematou con 35 votos a favor e catro abstencións.

 

Unha Facultade de Comercio

A EU de Estudos Empresariais da Universidade de Vigo pasa desde hoxe e no curso no que cumpre 100 anos a denominarse Facultade de Comercio. A aprobación da nova denominación contou co respaldo unánime de todos os membros do Consello, ante os que a súa  directora, Consuelo Currás, destacou, que tras un século de existencia "o centro conta con identidade e marca propia recoñecidas dentro e fóra da institución académica". O feito de "estar fora de norma", dado que as escolas universitarias xa deixaron de existir, "urxe porque levamos moito tempo de atraso", lembrou Currás.

 

Unha nova investigadora honorífica e un novo centro de investigación

Na derradeira sesión do ano o Consello de Goberno aprobou o nomeamento da catedrática do Departamento de Fundamentos de Análise Económica da Universidade de Santiago de Compostela María Luz Loureiro Garcia, como investigadora honorífica da Universidade de Vigo. Previamente, en outubro deste ano o comité de dirección da agrupación estratéxica Ecobas nomeraa  directora científica de Ecobas e solicitara a súa adscrición á Universidade de Vigo.

 

Asi mesmo, este mediodía se luz verde á creación do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), impulsado polas tres universidades galegas, foi outro dos temas abordados na xuntanza. Creado co obxectivo, de compartir visión e estratexia para aproveitar as capacidades e reputación actuais das matemáticas galegas, creando unha entidade de I+D sostible, con relevante impacto académico, social e económico,  o centro, explicou a vicerreitora de Investigación, Belén Rubio, "integrará as capacidades científicas e tecnolóxicas máis competitivas das tres universidades nunha axenda científica común, aliñada cos retos globais definidos polo Programas Marco europeo (Horizon Europe), a Estrategia Española de Ciencia, Tecnología e Innovación e a RIS3 de Galicia", sinalou Rubio.


 

Noticia anterior:
A Xunta inviste 12 millóns de euros en políticas de emprego para a comarca de Vigo
Noticia siguiente:
El PP insta al alcalde a que cree un dispositivo de seguridad para evitar aglomeraciones
Comentarios Accede para comentar como usuario
Comentar esta noticia Accede para comentar como usuario

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.120

Todavía no hay comentarios

Actualidad

Uno de cada seis créditos al consumo se usa ya para pagar vacaciones

Uno de cada seis créditos al consumo se usa ya para pagar vacaciones

Cámaras, IA y geolocalización se coordinan para frenar los incendios en España

Cámaras, IA y geolocalización se coordinan para frenar los incendios en España

¿Puede un perro morir de pena? Diez curiosidades del corazón

¿Puede un perro morir de pena? Diez curiosidades del corazón

La sequía, el enemigo silencioso que avanza sin prisa, pero sin pausa

La sequía, el enemigo silencioso que avanza sin prisa, pero sin pausa

Opinión

Almaraz: una decisión que mira al futuro

Falta de oportunidad

Cruzar en rojo, el error que todos normalizamos

Guía de Servicios

Publicidad

Servicios y Comercio en Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

986239244

Visitar web

Sucesos | Sociedad

Ocho helicópteros y dos aviones combaten el incendio activo en la parroquia de Nogueira

Ocho helicópteros y dos aviones combaten el incendio activo en la parroquia de Nogueira

La Guardia Civil inspecciona la venta de gafas para el eclipse en Pontevedra

La Guardia Civil inspecciona la venta de gafas para el eclipse en Pontevedra

La Guardia Civil desplegará 24.000 efectivos para el eclipse del 12 de agosto

La Guardia Civil desplegará 24.000 efectivos para el eclipse del 12 de agosto

Detenido en Cangas por cuatro robos a víctimas vulnerables

Detenido en Cangas por cuatro robos a víctimas vulnerables

Agenda

Agosto 2026
LunMarMieJueVieSabDom
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      

Galicia

El Camino del Litoral pone en valor los 2.500 kilómetros de costa gallega

El Camino del Litoral pone en valor los 2.500 kilómetros de costa gallega

El relevo generacional no salvará a Galicia del desplome de su población activa

El relevo generacional no salvará a Galicia del desplome de su población activa

Provincia

La Deputación suma 55 concellos a su servicio digital de padrón municipal

La Deputación suma 55 concellos a su servicio digital de padrón municipal

La Xunta impulsa cinco proyectos estratégicos en Pontevedra con 2,2 millones

La Xunta impulsa cinco proyectos estratégicos en Pontevedra con 2,2 millones

Deportes

Mos y Redondela se unen a través del deporte con la Santiaguiño Challenge 10K

Mos y Redondela se unen a través del deporte con la Santiaguiño Challenge 10K

Támara Echegoyen, premiada como mejor deportista oceánica tras su histórica vuelta al mundo femenina

Támara Echegoyen, premiada como mejor deportista oceánica tras su histórica vuelta al mundo femenina

Vicente Cid se corona campeón de la Regata Rías Baixas con el Deep Blue

Vicente Cid se corona campeón de la Regata Rías Baixas con el Deep Blue

Motor

Massi Sonic RC estrena un motor Polini de 650 W en su edición limitada

Massi Sonic RC estrena un motor Polini de 650 W en su edición limitada

Salud

La Xunta mantiene abiertas las ayudas de 12.000 euros anuales para enfermos de ELA

La Xunta mantiene abiertas las ayudas de 12.000 euros anuales para enfermos de ELA

Tomate, calabacín o plátano: los aliados de la nevera para dormir mejor en las noches de verano

Tomate, calabacín o plátano: los aliados de la nevera para dormir mejor en las noches de verano

La anafilaxia, la reacción alérgica mortal que se multiplica en verano

La anafilaxia, la reacción alérgica mortal que se multiplica en verano

Turismo

Viajes largos en personas mayores: cómo prepararlos para llegar con más seguridad

Viajes largos en personas mayores: cómo prepararlos para llegar con más seguridad

Hogar

Los municipios más baratos para comprar casa en España están por debajo de los 400 euros el metro cuadrado

Los municipios más baratos para comprar casa en España están por debajo de los 400 euros el metro cuadrado

Cómo facilitar el envejecimiento en las viviendas unifamiliares de Galicia

Cómo facilitar el envejecimiento en las viviendas unifamiliares de Galicia

Los hogares del futuro serán más saludables y adaptables, según un informe

Los hogares del futuro serán más saludables y adaptables, según un informe

Seguridad | Protección Civil

Lo que debe saber sobre tormentas eléctricas y rayos. Medidas de protección

Lo que debe saber sobre tormentas eléctricas y rayos. Medidas de protección

Cómo mantenerse a salvo en caso de terremoto

Cómo mantenerse a salvo en caso de terremoto

A Xunta inviste 12 millóns de euros en políticas de emprego para a comarca de Vigo

El PP insta al alcalde a que cree un dispositivo de seguridad para evitar aglomeraciones

Portada

Directorio de servicios
Galicia Galicia
Provincia de Pontevedra
Concellos
Gestiones
Guía Comercial
Clasificados
  • Mas contenido de Xornal21:
  • Fotos de Lectores
  • Hemeroteca
  • Encuestas
  • Agenda
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
Xornal21 | Términos de uso | Protección de datos
© 2026 | Todos los derechos reservados

Accede a tu cuenta

Con tu cuenta registrada
Olvide mi contraseña

Resetear contraseña

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.

Volver a acceder