Miércoles, 01 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 01 de Abril de 2026 a las 18:39:31 horas

Xornal21.es
Lunes, 04 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

A Xunta reforza as liñas de autobús que conectan Baiona, Gondomar e Tomiño con Vigo

A Consellería de Infraestruturas engade 86 frecuencias máis á semana a estas liñas, que tamén dan servizo aos concellos da Guarda, O Rosal, Tui e O Porriño

A Xunta reforza a partir de hoxe as liñas de autobús que conectan Baiona, Gondomar e Tomiño con Vigo.

 

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade engade 86 frecuencias máis cada semana a estas liñas, que tamén dan servizo a outros concellos situados ao sur da cidade, como A Guarda, O Rosal, Tui e O Porriño.

 

Desde hoxe, a conexión entre Baiona e Vigo incorpora en dúas liñas 36 servizos máis cada semana. Trátase de 16 expedicións de ida (15 en días laborables e 1 os domingos) e outras 20 de volta (de luns a venres).

 

 

 

 

A conexión entre Baiona e Vigo aumenta 36 servizos á semana; entre Gondomar e Vigo, o incremento é de 35; e entre Tomiño e Vigo, o reforzo é de 15 máis

 

 

 

 

No seguinte cadro amósanse os horarios dos novos servizos, que  incrementan a frecuencia de paso dos autobuses entre Baiona e Vigo, o que permite reducir os tempos de espera.

 

Nome da ruta

Hora de saída

Hora de chegada

BAIONA-RAMALLOSA-MALLON-NIGRAN-CORUXO-VIGO EA

8:00

9:00

BAIONA-RAMALLOSA-MALLON-NIGRAN-CORUXO-VIGO EA

8:00

9:00

BAIONA-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA

11:00

12:00

BAIONA-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA

15:00

16:00

BAIONA-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA

17:00

18:00

BAIONA-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA

12:00

13:00

BAIONA-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA

16:00

17:00

BAIONA-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA

18:00

19:00

 

Na liña entre Gondomar e Vigo tamén se engaden 35 servizos máis cada semana na liña, que se corresponden con 20 expedicións de ida e 15 de volta de luns a venres.

 

No seguinte cadro indícanse as rutas e os horarios, que duplican o número de frecuencias de ida desta liña cada día laborable. Deste xeito, refórzase a atención a primeira hora da mañá e redúcese á metade o tempo de espera entre cada autobús ao longo do día, que pasa cada dúas horas.

 

Nome da ruta

Hora de saída

Hora de chegada

GONDOMAR-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA

8:00

9:00

GONDOMAR-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA

12:00

13:00

GONDOMAR-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA

16:00

17:00

GONDOMAR-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA

20:00

21:00

GONDOMAR-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA

9:00

10:00

GONDOMAR-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA

13:00

14:00

GONDOMAR-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA

17:00

18:00

 

Na liña entre Tomiño e Vigo, que tamén discorre por outros municipios da súa contorna, engádense 15 servizos máis cada semana en dúas liñas. Correspóndense con 10 expedicións de ida e 5 de volta. 

 

Nome da ruta

Hora de saída

Hora de chegada

CAMPOSANCOS-TABAGON-GOIAN-TORRON-TUI-PORRIÑO-VIGO EA-HOSPITAL A.CUNQUEIRO

15:00

16:30

CAMPOSANCOS-TABAGON-GOIAN-TORRON-TUI-PORRIÑO-VIGO EA

10:30

12:15

CAMPOSANCOS-TABAGON-GOIAN-TORRON-TUI-PORRIÑO-VIGO EA

10:00

11:45

O aumento dos servizos nestas dúas liñas incrementa as posibilidades de conexión con Vigo en sentido ida e inclúe unha expedición que chega ata o hospital Álvaro Cunqueiro.

 

Estas melloras súmanse ás activadas o 23 de decembro no marco dos novos contratos que completan a implantación do Plan de Transporte Público de Galicia nesta área. Así, a comarca do Baixo Miño e o sur da bisbarra de Vigo contan cunha rede de 66 liñas de autobús interurbano que acadan agora aos 53.000 servizos anuais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.