Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 09 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O Concello pide a colaboración da cidadanía ante 
o aumento dos casos de Covid19

A día de hoxe o número de casos é de 44, onte eran 33

A alcaldesa en funcións e concelleira de Saúde, Cristina Fdez. Davila, informa do aumento de casos que a día de hoxe se sitúa en 44, estando onte en 33, e amosa a súa preocupación polo novo ascenso despois de ter baixado aos 21 e manterse dende o 28 de decembro ata o día de Reis.

 

Observando que Ponteareas oscilaba entre os 21 e 24 casos dende o 28 de decembro e sabendo que por estar tres días con maior incidencia non é representativo Fdez. Davila considera convinte informar á veciñanza desta circunstancia para que non se baixe a garda e se actúe con responsabilidade.

 

Davila insta á cidadanía a extremar as medidas de seguridade e hixiene e lembra que non podemos  desprazarnos a poboacións con peche perimetral.

 

A alcaldesa en funcións adianta que, de momento, Ponteareas non foi convocada a ningunha reunión coa Consellería de Sanidade e a Área Sanitaria de Vigo e explica que se houbese cambios na normativa sanitaria por Covid que nos afectasen negativamente sería convocada unha reunión da Comisión de seguemento de xeito inmediato.

 

"Frear os contaxios é cousa de todos e todas. Volvemos solicitar a colaboración da cidadanía para extremar as precaucións e non saír do noso concello agás que sexa imprescindíbel para poder reducir o número de contaxios e non ter que volver sufrir restricións nin consecuencias sanitarias non desexadas".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.