Viernes, 13 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 12 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

A Deputación adxudica as actividades formativas do programa “TIC emprendes”

O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de adxudicar o desenvolvemento das actividades de formación do programa “Tic Emprendes”, iniciativa de emprendemento cofinanciada polo Fondo Social Europeo cun orzamento de máis de 700.000 euros, destinada ás persoas mozas, de entre 16 e 30 anos, dos concellos da provincia que máis sofren o déficit demográfico.

 

O programa, que consta de 26 accións enmarcadas en 11 itinerarios  formativos, busca fomentar o emprendemento entre a xente máis nova, promover a formación cara o emprego e loitar contra o despoboamento propoñendo alternativas que fixen a xente moza nas zonas con maiores problemas demográficos”. En cada itinerario ofrécese formación en materias específicas de cada zona, titorías personalizadas para a busca de emprego, e asesoramento para a creación da propia empresa.

 

En concreto, “Tic Emprendes” centrarase nos 31 municipios de Pontevedra que contan cunha poboación inferior ou igual a 5.000 habitantes ou, no seu defecto, entre 5.001 e 10.000 habitantes con saldo negativo na última década. Son Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, Forcarei, Fornelos, A Illa de Arousa, A Lama, Meaño, Meis, Mondariz, Mondariz-Balneario Moraña, As Neves, Pazos, Ponte Caldelas, Pontecesures, Portas, Rodeiro, Oia, O Rosal, Silleda, Valga e Vila de Cruces.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.