Martes, 10 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 11 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Un detido no Porriño por tráfico de drogas

Un home foi detido por un presunto delito contra a saúde pública por tráfico de drogas, nun operativo policial no que se interviñeron varias doses de cocaína e heroína,  segundo informou a Policía Local do Porriño.

 

Os feitos ocorreron o sábado, nas inmediacións da rúa Lugo.  Un condutor levantou as sospeitas dunha patrulla policial ao observar unha estraña manobra do vehículo.  Realizouse un seguimento solicitando a colaboración doutra patrulla da Policía Local do Porriño e avisando tamén á Policía Local de Mos, xa que se trata dunha zona fronteiriza entre ambos municipios.

 

Unha vez interceptado o vehículo, procedeuse á procura correspondente co descubrimento de 15 papeis de cocaína e outros dous envoltorios de heroína.  O detido de 40 anos foi posto a disposición xudicial.

 

Aclaración dun roubo e multas de Covid

Por outra banda, a Policía Local de Porriño tamén informa do esclarecemento dun roubo de dous vehículos sustraídos en Valencia e que poideron ser recuperados e entregados ao seu lexítimo propietario esta pasada fin de semana.

 

Por último, a Policía Local do Porriño lémbranos a obriga de levar máscaras e cumprir os protocolos anti-Covid.  Os axentes continúan cos controis que, ata a data do hoxe luns 11, provocaron 20 denuncias no que vai de 2021.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.