PROVINCIA
A Deputación pide á Xunta un plan de rescate da hostalería
O goberno remitirá unha carta á Xunta instando a “un plan inmediato, dotado con recursos suficientes, que evite o peche de empresas e a perda de postos de traballo”
A Deputación de Pontevedra únese á hostalería e o comercio da provincia para reclamar á Xunta de Galicia a posta en marcha dun Plan de Rescate “que dea respostas a ambos os dous sectores, ante a complexa situación que están a vivir derivada da pandemia, con milleiros de familias e persoas afectadas”. Os deputados Carlos Font e Santos Héctor, mantiveron onte un encontro co presidente e a xerente da Federación Provincial de Hostalería, César Sánchez‐Ballesteros e Beatriz Carballido, e con Celia Cabrera en representación do comercio, a quen trasladaron o compromiso do goberno provincial de esixir este plan ao goberno autonómico, como administración competente exclusiva, “un plan inmediato, que estea dotado con recursos suficientes e que resulta imprescindible dada a situación de restricións continuas que están abocando ao peche de empresas e establecementos, coa conseguinte perda de moitos postos de traballo.
A Deputación pecha a colaboración con ambos os dous sectores en proxectos de innovación para captar fondos europeos, en plans específicos de formación e emprego e na realización de campañas de promoción para a reactivación
Compromisos directos
Carlos Font e Santos Héctor avanzaron aos representantes da hostalería e do comercio o compromiso da Deputación para poñer en marcha no menor prazo posible aquelas propostas que fan ambos os dous sectores que “si se corresponden coas nosas competencias”. Así, co obxectivo de dar resposta á necesidade de apoio á dixitalización e innovación nas empresas, a Deputación traballará conxuntamente coa hostalería e co comercio en proxectos que poidan ser integrados na presentación dos programas que a institución provincial está a preparar para captar fondos europeos. Incluso os deputados trasladaron a disposición de estudar a opción dos PERTE, proxectos estratéxicos cara á recuperación e a transformación da economía mediante a colaboración público privada.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218