Jueves, 26 de Febrero de 2026

Actualizada Jueves, 26 de Febrero de 2026 a las 10:47:04 horas

Xornal21.es
Jueves, 14 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
TUI

O Concello de Tui apoia o traballo feito na Residencia Paz y Bien

A corporación municipal de Tui amosa publicamente o seu apoio ao traballo realizado na Residencia Paz y Bien de Tui. Así o acordou este mediodía a Xunta de Portavoces, reunida con este motivo.


"Dende o Concello somos coñecedores do gran traballo realizado nesta residencia tudense, que dende o inicio da pandemia no mes de marzo do ano pasado, ten levado a cabo un labor excepcional con gran profesionalidade  e mimo, coidando cada un até o máis mínimo de detalle para evitar a propagación do virus. Teñen destacado polo estrito cumprimento dos protocolos establecidos, sen descoidar a faceta humana na atención das persoas usuarias da mesma" sinalan.


Nestes momentos complicados, nos que o virus ten golpeado con dureza á Residencia, dende o Concello de Tui, "non podemos máis que pórnos ao seu dispor para todo aquilo que puideran precisar, coma xa temos feito dende o coñecemento do brote, e facerlles chegar o noso recoñecemento ao seu traballo, confiando na pronta superación desta situación".


Dende o Concello de Tui faise extensible este recoñecemento ao traballo realizado tamén nas outras residencias tudenses durante a pandemia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.