Miércoles, 25 de Febrero de 2026

Actualizada Miércoles, 25 de Febrero de 2026 a las 19:38:51 horas

Xornal21.es
Viernes, 15 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Corenta veciños da Guarda denuncian a imposibilidade de facese comuneiros dos montes

Un grupo duns 40 veciños da Guarda que forman a "Plataforma Veciñal de Afectados pola Comunidade de Montes da Guarda", denuncia que despois de dirixirse "a todas as institucións, entidades, asociacións e colectivos, e a todos os veciños que as compoñen, para denunciar publicamente a gravísima situación na que se encontra o noso monte".

 

Nos últimos tres anos case 40 veciños solicitaron "a nosa entrada na Comunidade da Guarda. A día de hoxe, despois de varias solicitudes e de interpoñer dúas demandas, aínda non conseguimos obter ningunha resposta por parte da Xunta Rectora, dirixida polo seu presidente Manuel Castro Vicente (“Lolo”) e o seu secretario Celso Juan Rodríguez Fariñas (“Fariñas”)" explican.

 

Aseguran nun comunicado que "durante estes 3 anos sufrimos e fomos testemuñas de toda clase de irregularidades, irregularidades non propias dunha Comunidade de Montes que se diga democrática e transparente, chegando a parecer máis ben un coto privado que unha Comunidade de Montes. É por isto que nos preguntamos que é o que se está a agochar? Por que non podemos ser comuneiros? Por que nos impiden xestionar o noso monte?".

 

"Este sábado, 16 de xaneiro, está convocada unha Asemblea Xeral Extraordinaria para elixir a nova Xunta Rectora. Que a parte de ser ilexítima e inxusta, xa que van faltar case 40 veciños, aos que se nos denegou a entrada nestes anos, tamén esta convocada fora dos prazos estipulados polos propios estatutos da Comunidade de Montes, polo que tamén é ilegal" explican nun comunicado.

 

Ante "esta impotencia, de inxustizas acumuladas", solicitan  "a máxima colaboración por parte de todas as institucións pertinentes. Cortando calquera relación de inmediato con esta Comunidade. En especial ao Concello da Guarda, que ven colaborando con este Comunidade nos últimos anos".

 

Tamén piden "a involucración do resto de veciños da Guarda nesta luita, a través de exercer o seu xusto dereito de ser comuneiros".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.