Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 19 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Biblioteca de Ponteareas amplía o seu horario abrindo os sábados

A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas dependente da Concellaría de Cultura, que dirixe Fernando Groba,  amplía o seu horario abrindo tamén os sábados pola mañá de 10:30 a 13:30 h. Este novo horario coincide cos exames de xaneiro, desta forma os estudantes poderán preparalos máis e mellor.


Hai que ter en conta que a Biblioteca atópase, debido á pandemia, ao 50% da súa capacidade e respectando todas as medidas de seguridade como o uso obrigatorio de máscaras, ventilación nas súas salas, utilización do xel hidroalcólico e a consabida distancia de seguridade.


A Biblioteca de Ponteareas ofrece tres salas de estudo con 30 postos lectura, ademais dun catálogo de mais de 23.000 libros, servizos de microteca, hemeroteca e sala infantil.


Desta maneira o horario de apertura da biblioteca é de luns a venres de 09:00 a 21:00 h de maneira ininterrompida e os sábados de 10:30 a 13.30 h abrindo un total de  63 h semanais o que a converte nunha das bibliotecas de Galicia cun horario máis amplo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.123

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.