Sábado, 06 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 18 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
Mos

A Xunta colabora no acondicionamento do Albergue de Mos

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, visita o Pazo de Mos, onde a Administración autonómica colaborou no acondicionamento eléctrico do inmoble e do seu albergue de peregrinos

A Xunta aposta por poñer en valor o patrimonio da comunidade e considera unha obriga a súa conservación, sobre todo cando ese legado é tamén un valor estratéxico na economía galega, como é o caso do Pazo de Mos no que a Administración autonómica vén de investir 25.000 euros para o acondicionamento eléctrico do inmoble. 

 

A achega encádrase no Plan Estratéxico de Turismo de Galicia 2020, que ten como obxectivo consolidar a comunidade galega como destino competitivo. Nesa aposta por un turismo único e diferenciado, que potencia a Marca Galicia e que garante a seguridade para os seus visitantes, a Xunta colabora na modernización de espazos emblemáticos como o Pazo de Mos, potenciando así a súa adaptación ás necesidades do século XXI.

 

O Pazo de Mos non só é un edificio histórico do século XVII que se atopa nun enclave estratéxico do Camiño Portugués, senón que hoxe en día, xestionado pola Fundación Pazo de Mos, da que forman parte a asociación de veciños de Santa Baia de Mos e a Comunidade de Montes de Mos, é un referente de dinamización cultural e deportiva para a súa veciñanza e un exemplo de aproveitamento dun inmoble emblemático como destino turístico e albergue de peregrinos, tal e como puideron comprobar o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, na súa visita o pasado sábado ao inmoble acompañados polo presidente da Fundación Pazo de Mos, Antonio Rial, e o presidente da Comunidade de Montes de Mos, Manuel Barciela.

 

O Pazo , localizado ao carón da antiga calzada romana que unía Bracara Augusta (a actual Braga) con Tui e Santiago a través do Camiño Portugués, é unha xoia do patrimonio galego que o ano pasado sumouse aos espazos singulares que obtiveron en Galicia a certificación Q de Calidade Turística, xunto coa contorna da Carballeira e Xardín Botánico de Caldas de Reis, da Fortaleza Salvaterra do Miño, do parque infantil Aldea dos Grobits (O Grove) e a Rede de Miradoiros de Sober.

 

 A Xunta seguirá apoiando iniciativas similares para preservar o patrimonio histórico e adaptalo ás necesidades do século XXI.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.