REDONDELA
Banda deseñada e suspense, libros favoritos dos usuarios e usuarias das bibliotecas de Redondela
As Bibliotecas Municipais de Redondela, acudindo aos datos estatísticos proporcionados polo seu programa de xestión, fixeron pública a relación de obras máis prestadas durante o 2020, o ano do confinamento.
As que tiveron o privilexio de ser as máis reclamadas polos lectores das bibliotecas públicas do municipio foron as seguintes:
- Na Biblioteca Pública Municipal Valle-Inclán de Redondela, ocupou o primeiro lugar nas preferencias dos lectores maiores de 14 anos o manga The promised Neverland seguido da novela de suspense Mujeres que no perdonan de Camilla Läckberg.
- Na Biblioteca Pública Municipal 'Xela Arias' de Chapela (Redondela) foi La retornada de Donatella Di Pietrantonio a que se impuxo, seguida de Terra Alta de Javier Cercas e Premio Planeta 2019.
As exitosas Reina Roja e Loba negra de Juan Gómez-Jurado tamén se atopan entre as máis requiridas polos lectores de ámbalas dúas bibliotecas.
Doutra banda, as e os menores de 14 anos tamén se decantaron pola banda deseñada tanto na biblioteca de Redondela, cos manga Naruto e Shaman King á cabeza; como na de Chapela con Dad do francés Nob e Sonríe de Raina Telgemeier.
En lingua galega os libros máis solicitados polos lectores foron O último barco de Domingo Villar, Beleza Vermella de Arantza Portabales e Un lume azul de Pedro Feijoo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151